Servizos de identidade dixital
A Xunta de Galicia asinou un contrato con Camerfirma para obter de xeito gratuíto certificados dixitais e servizos que permiten aos organismos e entidades públicas firmar os documentos que forman parte dos procedementos que se tramitan de xeito telemático e identificarse ante os cidadáns nas relacións por canles telemáticas. Estes servizos tamén están a disposición das entidades locais galegas.
Entre os servizos contemplados están:
- Implantación de Oficinas de Rexistro AP e de Cidadáns
- Certificados de Sede Electrónica
- Certificados de Selo Electrónico
- Certificados de Servidor Seguro
- Certificados de Sinatura de Código
- Servizo de validación de certificados
- Servizo de Selado de Tempo
Para obter máis información sobre o contrato con Camerfirma e todos os servizos a disposición das entidade locais poden contactar:
- Directamente con Camerfirma a través do correo operaciones@camerfirma.com ou do teléfono 91 136 91 05.
- Coa Oficina eConcellos da Xunta de Galicia a través do correo oficina.econcellos@xunta.gal ou do teléfono 981957595.
Para poder solicitar calquera destes servizos de identidade dixital unha entidade local debe cumprir o requisito de estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento dunha Administración dixital".
Para solicitar un servizo ou enviar documentación para a xestión desta solicitude poderá contactar con Camerfirma, a través da conta de correo operaciones@camerfirma.com
Para solicitar un servizo ou enviar documentación para a xestión desta solicitude poderá contactar con Camerfirma, a través da conta de correo operaciones@camerfirma.com
Para calquera dúbida técnica ou incidencia que se lle presente no proceso de solicitude dos servizos de certificación ou ben na instalación e utilización dos mesmos pode contactar co soporte técnico de CAMERFIRMA a través das seguintes vías:
- Apertura de ticket a través da páxina: https://camerfirma.freshdesk.com/es/support/tickets/new
- Envío de correo electrónico a soporteusuarios@camerfirma.com
- Chat directo dende a páxina web https://www.camerfirma.com/contacto-soporte/
- Teléfono de soporte: 91 136 91 05
Para calquera outra dúbida pode contactar coa Oficina eConcellos a través do correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal ou ben do teléfono 981957595.
13/03/2026
Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
operaciones@camerfirma.com ou do teléfono 91 136 91 05.
Xestión interna EELL, Interacción entre Administracións
Cidadáns, Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos, Outras administracións
Non aplica
Gratuíto
Convenio eAdministración, Convenio administración dixital Xunta-Fegamp (2025)
