Dicionario xurídico galego
A obra que dá orixe a esta edición é unha coedición da Xunta de Galicia e da editorial Xerais, que recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do dereito civil de Galicia.
Esta obra, promovida pola Revista Xurídica Galega (Rexurga) e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que Edicións Xerais de Galicia publicou en 2011, redactárona, baixo a coordinación de Luciano Varela Castro e de Xosé Xoán Barreiro Prado, 120 autoras e autores organizados nas áreas de dereito administrativo, dereito civil común e de Galicia, dereito do traballo e da seguridade social, dereito financeiro e tributario, internacional, mercantil, notarial e rexistral, penal, procesual e teoría do dereito e dereito constitucional.
A súa versión en liña permite a consulta de arredor de 2000 termos. Para cada busca, ofrece de forma rápida e sinxela, en función da concreción do termo procurado, un ou varios resultados coa súa correspondente definición. O resultado ofrece, ademais, a correspondencia en castelán, outros termos relacionados, a referencia do redactor ou redactora que preparou a entrada e a área do dereito á que corresponde (teoría do dereito e dereito constitucional, dereito financeiro e tributario, dereito administrativo, dereito civil común, dereito notarial e rexistral...).
Con esta edición en liña, garántese a actualización e a revisión continua do dicionario, xa que será posible incluír nel as futuras modificacións lexislativas que se produzan e, deste xeito, evitarase que quede obsoleto co paso do tempo.
O Dicionario xurídico galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do dereito civil de Galicia. Para poder usar este servizo, o ordenador desde o que se accede ten que estar conectado á rede privada da Xunta de Galicia.
Están permitidos caracteres comodíns como: ^, $ e ? .
Exemplos:
- ^aban: palabras que comecen por "aba"
- ono$: palabras que rematen por "ono"
- abuso d? dereito: calquera combinación de letra "de, do etc."
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
Sistema de tradución automatizada GAIO (Integración) | Correo electrónico | ||
Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia | En liña |
17/12/2018
Xunta de Galicia / Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/ Secretaría xeral de Politica Lingüística Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Empregados públicos
Portal web
Gratuíto
Convenio eAdministración