Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0.0)
Xestión de bibliotecas municipais (MEIGA)
Datos servizo
Data modificación 01/06/2017
Proveedor/a / responsable do servizo Xunta de Galicia /AMTEGA e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/ /Secretaria Xeral de Cultura
Datos contacto dúbidas CAU (Tlf. 881 995 300, Fax. 981 545452, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Imaxe do contido Acceso ao servizo
Taxonomía
Descrición

Conxunto de ferramentas que axudan a automatizar os procesos de xestións dos fondos das bibliotecas municipais.

Máis información

 

A Xunta de Galicia proporciona ás bibliotecas municipais, que cumpran cos requisitos da Lei 5/2012 do 15 de xuño de Bibliotecas de Galicia, varias ferramentas executables na familia de sistemas operativos Windows e instalables e escalables dende un pc monoposto ata un servidor central, redes de pc’s ou servidor remoto con conexións remotas, que axudan a automatizar os procesos de xestión dos seus fondos bibliográficos. A principais destas ferramentas son:

  • Cliente Meiga: programa instalable nun pc monoposto que é a peza fundamental de todo o sistema. Permite a descarga e incorporación de rexistros bibliográficos doutros catálogos ou repositorios de datos, a catalogación directa, xestiona usuarios, préstamos, consultas, estatísticas, etc.

  • Auto préstamo: programa que permite interactuar aos usuarios directamente co sistema para xestionar os empréstitos e as devolucións de documentos.

  • OPAC web: sistema de consulta do catálogo no contorno web.

 

Información subscrición
Datos contacto dúbidas CAU (Tlf. 881 995 300, Fax. 981 545452, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Requisitos mínimos

1-. Dispoñer dunha bibliteca municipal que cumpra os requisitos da Lei de Bibliotecas de Galicia. 2-. Dispoñer na biblioteca municipal dun pc monoposto, redes de pc’s, servidor central, etc con Sistemas operativos Windows 9x en adiante.

Descrición proceso

Unha vez se cumpra cos requisitos mínimos, para ter acceso a este servizo é necesario solicitalo á AMTEGA ou á Subdirección Xeral de Bibiotecas mediante correo electrónico dirixido á cau-periferico@xunta.gal no que se indicará o nome da entidade local, nome da biblioteca, nome e apelidos da persoa responsable da biblioteca e os seus datos de contacto (teléfono, conta correo e horario no que se poderá contantar con el/ela).

Contido relacionado
Identificador Formato Nome Descrición
20820 Enlace Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia Lei que establece as bases e as estruturas fundamentais para a planificación e o desenvolv...
Compartir por correo electrónico