Sistema de tradución automatizada GAIO (traducion de documentos e/ou Integración)
Tradutor automático de textos, documentos e páxinas web a disposición das entidades locais de Galicia que permite facer traducións entre galego e castelán en ambos sentidos, ao igual que entre galego e portugués.
GAIO é unha ferramenta WEB que presenta tres opcións:
- Tradución de documentos nos formatos máis habituais (DOC, DOCX, PPTX, XLSX, ODT, ODS, ODP, PDF, HTML, XML e TXT).
- Tradución de texto plano introducido no frontal da propia aplicación, cun tamaño máximo de 10.000 caracteres.
- Tradución de páxinas web, que ofrece como resultado unha páxina a través da que podemos navegar.
Nos tres casos é posible seleccionar que o programa marque ou non con asterisco as palabras descoñecidas.
Tradución vía correo electrónico
Pode obter traducións automáticas de documentos a través do correo electrónico. Envíe desde unha conta corporativa como anexo o documento a traducir (nos formatos indicados arriba e cun tamaño máximo de 15 MB) e recibirá no seu correo o documento traducido. Na tradución por correo electrónico non se marcan con asterisco as palabras descoñecidas. Os enderezos de envío son:
- Galego-castelán: traducion.gl-es@xunta.gal
- Castelán-galego: traducion.es-gl@xunta.gal
- Galego-portugués: traducion.gl-pt@xunta.gal
- Portugués-galego: traducion.pt-gl@xunta.gal
Consellos para obter mellores resultados na tradución:
- Antes de traducir, revisar o texto orixinal ou pásarlle un corrector para identificar erros ortográficos ou estranxeirismos pouco comúns.
- Empregar frases curtas e simples nos textos.
- Coidar a puntuación e a sintaxe.
- Evitar expresións coloquiais.
- Revisar sempre o resultado da tradución para localizar erros e mellorar o texto.
Complementos (plugins)
Desde o apartado “Descargas” existente na versión de GAIO dispoñible para as EELL que o soliciten é posible obter complementos para a integración de Gaio nos navegadores Chrome e Firefox, en ambos casos en contornos de Windows ou Linux, e para o procesador de textos Microsoft Word. Estes plugins permiten facer traducións de páxinas web desde o propio navegador e traducións de textos sen saír do procesador. Nese mesmo apartado de “Descargas” atópanse manuais para a instalación dos complementos.
Axuda, preguntas frecuentes e suxestións.
O portal de Gaio conta cunha páxina de “Preguntas frecuentes”, na que se resolven as dúbidas máis habituais, e ,na versión dispolible para as EELL que o soliciten, un manual na sección “Axuda”. Se a persoa usuaria localiza traducións incorrectas ou mellorables, pode suxerir a súa modificación a través do formulario de “Suxestións”.
Integración do servizo Gaio coas plataformas de entidades locais.
As entidades locais poden solicitar a integración das súas plataformas cos servizos web de tradución de GAIO (a través de chamadas ao servizo web (SW) desde o xestor de contidos (CMS)), solicitándoo previamente mediante un modelo de solicitude dirixido ao CAU dispoñible nesta mesma páxina no apartado "Contido relacionado".
Para dispoñer deste servizo (incluído a posibilidade de tradución de documentos completos ou de integración) a entidade local debe estar adherida ao Convenio Administración dixital Xunta-Fegamp
O persoal da entidade local que desexe dispoñer do servicio de traducción de documentos debe estar dado de alta como usuario en eidolocal e acceder, dende a área privada de Eidolocal, ao servizo a través do botón "Acceso ao servizo" existente nesta páxina.
Para solicitar unha entidade local a integración das súas plataformas cos servizos web de tradución de GAIO, deben cumprimentar e asinar unha solicitude dirixida ao CAU (Cau-periferico@xunta.gal) dispoñible nesta mesma páxina no apartado "Contido relacionado".
| Formato | Nome | Descrición |
|---|---|---|
| Solicitude de integración de servizos web de tradución GAIO | Solicitude de alta e de baixa de integración de servizos web de tradución GAIO por parte d... | |
| Guía de integración de servizo GAIO para entidades locais. | Guía de integración de servizo GAIO para entidades locais. |
| Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
|---|---|---|---|
| | Dicionario xurídico galego | | En liña |
| | Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia | | En liña |
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo, pode contactar co CAU a través do teléfono 881995300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo pode contactar coa Oficina eConcellos a través do teléfono 981957595 ou no correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal
27/08/2026
Xunta de Galicia / Conselleria de Cultura, Lingua e Xuventude/ Subdirección xeral de Politica Lingüística Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Interacción entre Administracións
Entidades locais
Portal web, Aplicación consumidora
Gratuíto
Convenio eAdministración, Convenio administración dixital Xunta-Fegamp (2025)
