Oficina da rede 060

Unha entidade local, mediante a súa adhesión ao convenio marco subscrito entre a AXE e a Xunta, pode establecerse como "Oficina de contacto" da Rede 060, facilitando á cidadanía o servizo de recepción, rexistro e remisión de documentos para as seguintes administracións públicas: Administración Xeral do Estado, Administración da Comunidade Autónoma, as Deputacións e os grandes concellos de Galicia así como ás demáis entidades locais adheridas.

Máis información

 

No ano 2006 a "Administración General del Estado" puxo en marcha a Rede 060, unha iniciativa que establece un novo modelo de servizo público, no que os cidadáns poden realizar xestións ou recibir información de calquera das tres administracións involucradas no proxecto (Central, Autonómica e Local) de tres xeitos diferentes: en oficinas, a través da internet ou por teléfono. 

O 17 de abril de 2007, a "AGE" formalizou un Convenio Marco coa Comunidade Autónoma de Galicia (publicado no BOE de 5 de xullo de 2007 e no DOG o 6 de xullo de 2007), para a implantación dunha Rede de Oficinas Integradas de Atención ao Cidadán (Oficinas 060) no ámbito territorial de Galicia. Este convenio tivo unha duración de oito anos. 

Con data 26 de xuño de 2015 a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia subscribiron un novo convenio marco para Rede de Oficinas 060 que mellora e amplia a atención á cidadanía coa recepción, rexistro e remisión de documentos para as seguintes Administracións públicas:Administración Xeral do Estado, Administración da Comunidade Autónoma, as Deputacións, os grandes concellos de Galicia e demáis entidades locais adheridas.

(RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.)

Na Rede 060, as oficinas integradas clasifícanse en función do nivel de servizo que presten:

  • Oficinas de Contacto: con prestación de servizos de recepción, rexistro e remisión de documentos dirixidos ás referidas Administracións Públicas.
  • Oficinas de Información: ademáis dos anteriores, desenvolven servizos de atención e orientación personalizada sobre servizos públicos das Administracións intervinientes.
  • Oficinas de Xestión : ademáis dos anteriores, asumen un nivel avanzado con prestación de servizos integrais de xestión e tramitación conxunta de procedementos e trámites de competencia das Administracións intervinientes. 

 

PROCEDEMENTOS DE ADHESION AO CONVENIO MARCO

A) Solicitude de adhesión en liña:

Recoméndase a tramitación electrónica, así as entidades locais interesadas poderán formular a solicitude de adhesión ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no seguinte portal https://ssweb.seap.minhap.es/portalEELL.

Neste enderezo achegarán a seguinte documentación:

A tramitación electrónica recomendada require que o Presidente da Corporación posúa DNI-e ou certificado dixital recoñecido de persoa física ou xurídica. No enderezo arriba referido proporciónase información precisa para este requisito.

 B) Solicitude de adhesión por escrito: 

Tamén poderán solicitalo por escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia da Xunta de Galicia (San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela), xuntando a referida documentación.

Unha vez realizada a solicitude a comisión de seguemento avaliará a mesma no prazo de 15 días e, unha vez aceptada, a Xunta de Galicia proceda á publicación da súa adhesión no Diario Oficial de Galicia. 

As entidades locais que se adhiran comprometeranse a: 

  • Configurar os seus rexistros como oficinas de contacto, admitindo a presentación nas mesmas de calquera solicitude, escrito ou comunicación dirixidos aos órganos da Administración Xeral do Estado e da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquelas, con independencia da súa localización territorial. 
  • Tamén os que se dirixan aos órganos da Administración das Deputacións Provinciais, aos Concellos dos Municipios aos que se refire o artigo 121 da Lei 7/1995, reguladora das Bases de Réxime Local e ás Entidades Locais adheridas ao convenio marco, dentro do ámbito territorial de Galicia. 
  • Deixar constancia nos seus rexistros da entrada das devanditas solicitudes, escritos e comunicacións, con indicación nos seus asentos do seu número, epígrafe expresivo da súa natureza, data de entrada e hora da súa presentación, interesado u órgano administrativo remitente, persona u órgano administrativo ao que se dirixe, así como una referencia ao contido do escrito ou comunicación que se rexistra. 
  • Remitir inmediatamente os documentos, unha vez rexistrados e en todo caso, dentro dos tres días seguintes ao da súa recepción, directamente aos órganos ou entidades destinatarios destes.

 

LISTADO DE ENTIDADES ADHERIDAS AO CONVENIO MARCO

Pode ver o listado de entidades adheridas no seguinte enlace: galego/castelán

Data modificación

27/09/2018

Proveedor/Responsable do servizo

Goberno de España / Xunta de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais

Modo de consumo

Non aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Convenios

Convenio rede 060 Convenio eAdministración

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

Solicitar adhesión ao convenio Marco subscrito entre a AXE e a Xunta

Descrición proceso

Para dispoñer deste servizo deberá solicitar á adhesión ao convenio en liña ou por escrito segundo as instruccións indicadas no apartado "PROCEDEMENTOS DE ADHESION AO CONVENIO MARCO"

Identificador Formato Nome Descrición
22180 Enlace Convenio marco entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implanta... Convenio que ten como obxecto acordar a colaboración entre a Administración xeral do Estad...
10088 Documento Cuestionario Convenio marco 060 Cuestionario sobre a información necesaria para comprobar que a entidade local dispón dos ...
10087 Documento Protocolo de adhesión Convenio marco 060 Documento preciso para solicitar por parte de unha entidade local a adhesión ao convenio m...