Consulta de expedientes COAATIEAC
Acceso a á información xeral en liña de distintos tipos de expedientes tramitados no COAATIEAC.
Máis información
O Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeneiros de Edificación da Coruña, COAATIEAC, facilitará a todos os concellos que o soliciten, un usuario e un contrasinal de acceso á súa web colexial (https://www.coaatac.org), mediante o cal o persoal do mesmo, indicando o motivo da consulta terá acceso directo en liña, mediante o nº de visado e o nº de rexistro do correspondente expediente, á información xeral dos seguintes tipos de expedientes.
- Proxectos.
- Direccións de obra.
- Direccións de execución de obra.
- Legalizacións
- Coordinacións de seguridade e saúde.
- Estudos/estudos básicos de seguridade e saúde.
- Proxectos de actividade.
- Informes, certificados, tasacións, peritacións, etc.
- En xeral, calquera outro encargo que fora tramitado no COAATIEAC.
Esta información xeral estará composta por:
- Tipo de trámite realizado (visado ou rexistro).
- Fecha de tramitación.
- Dirección do expediente.
- Presuposto e superficie do expediente.
- Promotor.
Asemade, nos casos nos que a tramitación da documentación se realizase en formato dixital, o persoal do concello poderá consultar e descargar en formato electrónico dita documentación.
Para solicitar usuario e contrasinal de acceso deberá remitir ao Centro de Atención a Usuarios, CAU (cau-periferico@xunta.gal) a solicitude de alta no servizo debidamente cumprimentada e asinada.
Para calquera problema técnico co servizo poderá contactar co CAU (cau-periferico@xunta.gal ou teléfono: 881 995 300) e para calquera consulta ou dúbida de carácter funcional deberá contactar directamente co gabinete técnico do COAATIEAC (gabinete@coaatac.org) ou teléfono: 981 206140 ext.117).
O único requirimento necesario para poder utilizar o servizo é dispoñer de ordenador con conexión a Internet e un programa de lectura de documentos en formato pdf.
30/05/2018
Colexio oficial de aparelladores, arquitectos técnicos, arquitectos e enxeñeiros da edificación da Coruña Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Empregados públicos
Portal web
Gratuíto
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
1. Dispoñer de credenciais (nome de usuario e clave) de acceso á web colexial 2. Dispoñer de ordenador con conexión a Internet e un programa de lectura de documentos en formato pdf.
Solicitar usuario e contrasinal de acceso ao Centro de Atención a Usuarios, CAU (cau-periferico@xunta.gal) remitindo ao mesmo a solicitude de alta no servizo debidamente cumprimentada e asinada. Unha vez se disponga das credenciais de acceso acceder a través de https://www.coaatac.org/
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
![]() | Solicitude de alta/baixa de acceso ao servizo de consulta de expedientes do COAATIEAC | Modelo de solicitude de usuario/a de acceso ao servizo de consulta de expedientes do COAA... |