Emprende en 3

Emprende en 3 xorde como unha iniciativa do Goberno de España, coa colaboración das Comunidades Autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias (F.E.M.P), para axilizar os trámites de creación de empresas e outras comunicacións relacionadas cos emprendedores e as Administracións Públicas no ámbito local, mediante servizos de Administración Electrónica.

Máis información

 

Asinouse un protocolo xeral entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a Xunta de Galicia, a FEMP e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a Promoción e Fomento da Utilización da plataforma Emprende en 3 (EE3) polo que, co obxectivo de promover a adhesión das EELL á plataforma Emprende en 3, desde a Xunta de Galicia (AMTEGA) ofrécese información sobre adhesión e o acceso á plataforma.

 

CAL É O OBXECTIVO DE EMPRENDE EN 3?

 

O Inicio de actividade implica a solicitude á Entidade Local de determinadas licenzas (Licenza de Actividade, Instalacións e Obras, e Licenza de Funcionamento). A concesión destas licenzas leva un procedemento de control e verificación ás veces demasiado lento, atrasando o exercicio da actividade cos prexuízos que isto supón. O obxectivo do proxecto Emprende en 3 é a redución dos prazos para a creación de empresas, mediante a unificación das plataformas tecnolóxicas existentes, e a simplificación dos trámites involucrados.

Esta simplificación de trámites implica que as licenzas previas ao comezo de actividade son substituídas por Declaracións Responsables, de maneira que se pode iniciar a execución de obras e instalacións, e o exercicio da actividade comercial e de servizos coa presentación ante a Entidade Local dunha Declaración Responsable, na que o empresario declara cumprir os requisitos esixidos pola normativa vixente e dispoñer dos documentos que se esixan.

Os tipos de sociedades que se poden beneficiar desta simplificación de trámites son:

  • Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE)
  • Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL ou SL)
  • Empresario Individual (Autónomo)

As Entidades Locais poderán adherirse á Plataforma Tecnolóxica Emprende en 3 segundo o aproben os seus órganos de goberno de maneira inmediata e sen ningún tipo de custo, permitindo, a partir dese momento, a tramitación completa da creación de empresas a través deste sistema en todas aquelas entidades locais integradas. O procedemento de adhesión é moi sinxelo, realízase de maneira telemática, e supón un gran avance en canto á dinamización e impulso do negocio no municipio, pois favorece a creación de empresas de maneira rápida e sempre en consonancia coa normativa autonómica.

Os aspectos principais aos que se comprometen as Entidades Locais ao utilizar a plataforma quedan detallados na Resolución de 31 de maio de 2013 e a súa posterior modificación coa Resolución de 20 de Xaneiro de 2014, pola que se establecen as condicións de Uso da Plataforma Electrónica de intercambio de información Emprende en 3, definíndose ademais un “Modelo Tipo de Declaración Responsable”.

 

QUE NECESITA? 

 

O único requisito é ter acceso a internet e dispoñer dun certificado dixital ou DNI electrónico.

Emprende en 3 pon a disposición do emprendedor, a través do portal EUGO.es, un servizo para a presentación de Declaracións Responsables, así como un acceso aos municipios adheridos para a recepción e xestión das mesmas a través do Portal de Entidades Locais.

 

COMO ACCEDER? / QUE DEBE FACER?

 

O procedemento de adhesión á Plataforma Emprende en 3 é inmediato. Simplemente é necesario que un usuario que ostente o cargo de alcalde, secretario ou xestor designado polo alcalde se identifique no portal web de Entidades Locais co seu DNI electrónico ou Certificado Dixital e asine a adhesión, de acordo coas Condicións de Uso publicadas en Acordo de Consello de Ministros e aprobadas pola Resolución de 31 de maio de 2013 da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, e modificadas pola Resolución de 20 de xaneiro de 2014.

Ao asinar a adhesión, a súa Entidade Local formará parte da Plataforma Emprende en 3, e os usuarios dados de alta no Portal de Entidades Locais, que dispoñan do permiso correspondente, poderán recibir, a través da aplicación CORINTO, as Declaracións Responsable de forma telemática nunha caixa de correos creada especificamente para a súa Entidade, empezando a traballar reducindo os trámites.

.

 

Data modificación

20/04/2018

Proveedor/Responsable do servizo

MINHAP

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administracións

Beneficiario

Cidadáns, Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos, Emprendedores/as

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Datos contacto suscrición

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Identificador Formato Nome Descrición
22764 Documento Resolución da Secretaría de Estado de Administracións Públicas sobre Emprende en 3 Resolución da Secretaría de Estado de Administracións Públicas sobre Emprende en 3
22765 Documento Comunicacións Electrónicas coas Entidades Locais Comunicacións Electrónicas cas Entidades Locais
22766 Documento Manual de Adhesións Emprende en 3 Manual de Adhesións Emprende en 3
22780 Documento Modelo de Declaración Responsable Modelo de Declaración Responsable
22781 Documento Adhesión de Entidades Locais a Emprende en 3 Adhesión de Entidades Locais a Emprende en 3
22782 Documento Manual de Xestión de Usuarios da Entidade Emprende en 3 Manual de Xestión de Usuarios da Entidade Emprende en 3
22783 Documento Manual de CORINTO para tramitación Manual de CORINTO para tramitación