Comunicacións telemáticas coa Administración de Xustiza (LexNet)
Requisitos previos para comezar coas comunicacións telemáticas:
- Ter preparados os equipos informáticos que vaian utilizar os usuarios LexNet (*).
- Dispoñer de tarxetas criptográficas cun certificado electrónico recoñecido por Industria e aceptado por LexNet (*).
- Dotar aos usuarios de escáneres para os casos onde non vaian traballar con documentos electrónicos na súa orixe, e polo tanto deban dixitalizar documentos en formato papel. Estes escáneres deben contar coa funcionalidade de Recoñecemento Óptico de Caracteres (OCR) para que os documentos que se remitan aos Órganos Xudiciais permitan a realización de buscas por contido; tamén deberán estar configurados cunha resolución de 200 puntos por polgada e en branco e negro.
Software:
- Navegadores:
- Internet Explorer 6,7,8,9,10 ou 11
- Mozilla Firefox (versión anterior á 52)
- Google Chrome (versión anterior á 42)
(*) A información detallada de configuración dos postos de traballo e especificacións de certificados electrónicos pódese consultar en http://infolexnet.justicia.es na sección de documentación e preguntas frecuentes.
Solicitude de creación das caixas LexNet:
Para que o Ministerio de Xustiza proceda á alta dun novo colectivo é necesario que se faga baixo petición do mesmo, e para isto deben dirixir unha comunicación mediante correo electrónico á conta cau-periferico@xunta.gal onde recibirán as instrucións precisas para realizar este trámite. Tamén poden contactar co CAU no teléfono 881 995300 para aclarar calquera dúbida sobre o proceso de tramitación das altas.
Listado de organos e colectivos habilitados en Galicia
19/10/2022
Ministerio de Justicia
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos
Aplicación consumidora
Gratuíto