Portal de Consultas de Obras (IOCOAG)

Portal de consulta de expedientes de obras visadas no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e descarga de documentos dos expedientes segundo os seus traballos ou versións.

Máis información

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia firmaron un convenio de colaboración que ten por obxecto establecer mecanismos de interoperabilidade entre o procedemento de tramitación telemática de traballos profesionais do Colexio de Arquitectos e os procedementos de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das diferentes administracións galegas. Isto posibilita:

  • Que as administracións públicas galegas interesadas poidan obter directamente desde o sistema de xestión do Colexio de Arquitectos unha copia en formato electrónico, a través dun sistema que garante a seguridade desta información e a proteccion de datos persoais, o sistema de interoperabilidade pasaXe! da Xunta de Galicia e coa autorización previa dos técnicos autores e do propio administrado, da documentación técnica e administrativa vinculada coa tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas.

Deste xeito, o administrado poderá realizar a achega da documentación técnica correspondente á solicitude dunha maneira mais áxil e económica que utilizando a opción de achegar dita documentación en papel.

Supón unha simplificación da tramitación administrativa.

A estes beneficios súmanse aqueles relativos ao medio ambiente e á transparencia na xestión.

  • A normalización da documentación técnica e administrativa de carácter xeral. A documentación técnica correspondente aos traballos profesionais obtida do sistema de tramitación do COAG atoparase tipificada, estruturada e asinada conforme ao modelo normalizado que o Colexio se encarga de ter adecuadamente actualizado de acordo coa normativa vixente.
  • A garantía sobre a identidade e habilitación dos técnicos redactores no caso de traballos visados e sobre a identidade e colexiación habilitante noutros casos. O procedemento de tramitación colexial inclúe estas verificacións dos técnicos asinantes, polo que se evitará a solicitude e xestión de documentación adicional para a verificación deste extremo por parte das diferentes administracións.

A documentación á que se pode acceder deste xeito é a correspondente aos traballos profesionais definidos na “Guía de tramitación de traballos profesionais” do COAG, como:

  • Obras:
    • Edificación
    • Ordinarias
    • Derrubas
    • Urbanización
  • Outros traballos:
    • Periciais
    • Informe de inspección técnica de edificios (ITE)
    • Informe de avaliación de edificios (IAE)
    • Certificado de eficiencia enerxética
    • Avaliación de impacto ambiental (actividades)
    • Estudo de xestión de residuos
    • Estudo ou estudo básico de seguridade e saúde
    • Estudo xeotécnico
    • Memoria de actividade
    • Proxecto parcial

Dispón de máis información sobre o servizo no documento de presentación do servizo e no manual de usuario.

SOLICITUDE  DE ACCESO AO SERVIZO

As entidades locais que desexen obter acceso aos servizos deberán estar adheridas ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica e os equipos informáticos da entidade que vaian a acceder ao portal deberán cumprir os seguintes requisitos de:

Hardware:

  • Un ordenador que dispoña de conexión a internet ou ben integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia
  • Recoméndase a utilización dun lector de certificados dixitais

Software:

  • Navegadores:
    • Internet Explorer 11 (sen vista da compatibilidade)
    • Mozilla Firefox (dende a versión 58 en adiante)
    • Google Chrome (sempre a última versión)

Para o acceso ao sistema será precisa a utilización dun certificado dixital; poderá consultar os certificados soportados na seguinte ligazón: Autoridades de Validación.

O certificado deberá estar instalado no ordenador dende onde se navega ao portal

  • Aplicación lectora de PDF.
  • Aplicación para a extracción de arquivos ZIP.

Para o inicio do trámite de alta deben remitir cumprimentado e asinado electrónicamente o formulario de alta ao Cau periférico (cau-periferico@xunta.gal).

Despois de enviado o formulario de alta correctamente cumprimentado e firmado, daremos de alta o servizo nunha modalidade de probas á espera de que a entidade local nos confirme que pode pasar a utilizalo nas súas xestións ordinarias de tramitación.

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal. Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.

Data modificación

05/10/2021

Proveedor/Responsable do servizo

Amtega, Departamento Administración electrónica

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio PMSBAE

Datos contacto suscrición

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

Os equipos informáticos da entidade que vaian a acceder ao portal deberán cumprir os seguintes requisitos de: Hardware: • Un ordenador que dispoña de conexión a internet ou ben integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia • Recoméndase a utilización dun lector de certificados dixitais Software: • Navegadores: ◦ Internet Explorer 11 (sen vista da compatibilidade) ◦ Mozilla Firefox (dende a versión 58 en adiante) ◦ Google Chrome (sempre a última versión) Para o acceso ao sistema será precisa a utilización dun certificado dixital; poderá consultar os certificados soportados na seguinte ligazón: https://www.dnielectronico.es/PortalDNIe/PRF1_Cons02.action?pag=REF_800&id_menu=33 O certificado deberá estar instalado no ordenador dende onde se navega ao portal • Aplicación lectora de PDF. • Aplicación para a extracción de arquivos ZIP.

Descrición proceso

As entidades locais que desexen obter acceso aos servizos deberán estar adheridas ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica”. Para o inicio do trámite de alta deben remitir cumprimentado e asinado electrónicamente o formulario de alta ao Cau periférico (cau-periferico@xunta.gal).

Identificador Formato Nome Descrición
66337 Documento Manual de usuario do Portal de Consulta de Obras ( Portal IOCOAG) Este manual ten por obxectivo dar conta do sistema é permitir a integración dos concellos ...
66338 Documento Alta/baixa entidade local para a utilización dos servizos a través do Portal de Consultas ... Formulario de Alta/baixa entidade local para a utilización dos servizos a través do Portal...
66632 Documento Presentación sobre o portal de consultas de obras (IOCOAG) Breve presentación na que se informa sobre as características do portal de consulta de obr...