Infraestrutura e Sistemas de Documentación Electrónica (INSIDE)

Servizo que permite a xestión de documentos e expedientes electrónicos cumprindo cos requisitos previstos no Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI) e que integra servizos de interconexión coa Administración de Xustiza permitindo o envío telemático dos expedientes administrativos requiridos polos órganos xudiciais ou por outras administracións públicas. Supón a xestión documental integramente electrónica dos documentos da xestión viva do expediente, como paso previo ao arquivado definitivo da documentación nun formato interoperable e duradeiro.

Máis información

Desde o 1 de xaneiro de 2017, segundo o indicado na disposición final duodécima da Lei 42/2015, do 5 de outubro, de reforma da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, todas as administracións e organismos públicos, incluída a administración local, están obrigados a remitir os seus expedientes e demais actuacións á Administración de Xustiza por vía telemática.
 
Para axudar ao cumprimento da lexislación en ambos ámbitos, administrativo e xudicial, así como en todo o relativo ás tramitacións electrónicas disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réximen Xurídico do Sector Público e co obxectivo de propiciar o aforro en custos, incrementar a seguridade xurídica e reducir os prazos na xestión documental, púxose a disposición de todas as Administracións Publicas a plataforma INSIDE proporcionada pola Administración Xeral do Estado e integrada co Cargador de Expedientes do Ministerio de Xustiza.
 

Este sistema permite a remisión de expedientes administrativos de forma integramente dixital aos órganos xudiciais do territorio competencia do Ministerio de Justicia e aos de varias Comunidades Autónomas. En concreto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, os xulgados que teñen actualmente a posibilidade de recibir expedientes por esta vía, estando prevista a incorporación progresiva dos restantes órganos xudiciais, son:

INSIDE permite intercambiar expedientes non só coa Administración de Xustiza senón que tamén entre dúas administracións calquera. Para iso dispón dun servizo denominado "Remisión na nube" mediante o que se permite xerar unhas credenciais de acceso a un expediente electrónico, que pode estar previamente cargado en INSIDE, ou recollido directamente da orixe, a través dun sistema de comunicación que de maneira automática permite compartir e intercambiar documentos e expedientes electrónicos.

 

MODOS DE USO

As entidade locais poden acceder a INSIDE das seguintes formas:

1- A través dunha aplicación de xestión de expedientes xa integrada cos servizos web de INSIDE podendo facer remisións de expedientes a Xustiza automaticamente sen necesidade de saír desta ferramenta. No caso de que esta aplicación non teña activado este envio de expedientes para a súa entidade, deberá ponerse en contacto co proveedor do seu xestor de expedientes para que llo active.

2- Accedendo directamente á aplicación web INSIDE. Neste caso terán que entrar directamente na aplicación INSIDE e subir manualmente o expediente para logo remitilo por INSIDE ao órgano xudicial ou administración pública correspondente.

3- Utilizando os servizos web de INSIDE para integración con cliente. Neste caso a entidade local dispón dunha ferramenta de xestión de expedientes non integrada con INSIDE e desexa solicitar a integración da súa ferramenta con INSIDE.

 

REQUISITOS MÍNIMOS, MODELOS DE SOLICITUDE DE ACCESO, DOCUMENTACIÓN E MANUAIS

As entidades locais que desexen ter acceso a este servizo, en calquera das modalidades antes indicadas, deberán estar adheridas ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica

Na páxina do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) do Estado na área de descarga de INSIDE está dispoñible toda a información e documentación necesaria para solicitar o servizo nas modalidades de uso indicadas nos puntos 2 e 3 do apartado anterior. Pode consultala accedendo desde a ligazón seguinte:

PAe - CTT - Información General- Infraestructura y Sistemas de Documentación Electrónica (administracionelectronica.gob.es)

Para asegurar un funcionamento óptimo do servizo recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda directamente á web de INSIDE dispoñan de:

  • Navegador: Mozilla Firefox 40 ou superior, Google Chrome 32 ou superior ou Internet Explorer 11 ou superior.
  • Máquina virtual de Java: JRE versión 7.0.51 ou superior instalada no navegador.
  • AutoFirma (INSIDE é compatible coas versións 1.6.5 ou superior, recoméndase utiilzar a versión 1.7)
  • Acceso á Rede SARA.
  • Certificado Dixital ou DNI electrónico instalado no navegador.
  • Dispoñer dunha aplicación lectora de PDFs

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS, INCIDENCIAS OU SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO

As dúbidas e incidencias relativas á aplicación e aos servizos web de INSIDE, así como as solicitudes de acceso ao servizo deben canalizarse mediante a seguinte ligazón:

Consultas, incidencias ou solicitudes relacionadas co servizo INSIDE (minhap.es)

En concreto, para solicitar a alta/baixa en INSIDE para acceso vía web, debe cumprimentarse o seguinte modelo: solicitude alta INSIDE e xuntarse á consulta/solicitude que se abra na páxina do MINHAP antes indicada.

Tamén poden contactar co CAU da Xunta a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal para calquera dúbida sobre cómo realizar a súa solicitude de alta no servizo. Para calquera outro tipo de dúbidas máis funcionais pode contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.

Data modificación

10/05/2022

Proveedor/Responsable do servizo

Administración General del Estado/Xunta de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administracións

Beneficiario

Entidades locais

Modo de consumo

Portal web, Aplicación consumidora

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio PMSBAE

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

https://administracionelectronica.gob.es/ctt/inside/descargas

Descrición proceso

https://administracionelectronica.gob.es/ctt/inside/descargas

Identificador Formato Nome Descrición
66938 Enlace Modelo solicitude de alta/baixa administradores para uso INSIDE vía web Modelo solicitude de alta/baixa de persoas usuarias de perfil administrador para o uso de ...
67123 Documento Listados de órganos xudiciais de Galicia activos en INSIDE Listado dos órganos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia que teñen activada a recep...