DICIREG (DIgital CIvil REGistry), é unha plataforma que facilita a xestión de forma centralizada dos rexistros civís municipais, dos xulgados de paz e do rexistro civil central (oficinas xerais de rexistro, rexistros municipais delegados e rexistro civil central respectivamente) segundo a Lei 20/2011 do 21 de xullo.

Permite o rexistro de solicitudes, a tramitación de expedientes, a interoperabilidade cos axentes externos, a entrada de documentación en formato electrónico, e en xeral, é a base que soporta a operativa necesaria para resolver os asuntos do Rexistro Civil de maneira integral.

Tamén facilita a transmisión masiva de datos de utilidade pública aos organismos públicos que teñan interese neles, con pleno respecto aos límites legais sobre publicidade restrinxida, á protección de datos persoais e ao dereito á intimidade persoal e familiar.

Con DiciReg impleméntase un rexistro electrónico adaptado ao novo modelo de Rexistro Civil, en cumprimento da Lei 20/2011 do 21 de xullo, que caracterízase, principalmente, por ser público, gratuíto, único para toda España e que se configura como electrónico e interoperable.

O sistema DiciReg irase implantando progresivamente. Pode consultar o estado da implantación no seguinte listado:

Dispón dos manuais de usuario e de máis información sobre este servizo en: https://intranet.xustiza.gal/dicireg (só accesible dende pcs integrados na rede da Xunta).

Requisitos de acceso ao servizo

  • Conexión a Internet
  • Navegador compatible: 
    • Microsoft Edge: V 89.0.774.
    • Google Chrome: V 89.0.4389.90, V 89.0.4389.114, V 89.0.4389.128 ou V 90.0.4430.72.
    • Mozilla Firefox: V 41.0.2.
  • Certificado electrónico
  • Lector documentos PDF Acrobat Reader 7 ou superior
  • Impresora
  • Escáner

Solicitude de acceso ao servizo

A entrada en servizo efectiva desta aplicación nun rexistro civil acórdase mediante resolución da Dirección General de Seguridad Jurídica y Fe Pública do Ministerio de Justicia.

Identificador Formato Nome Descrición
68463 Documento Listaxe das entidades locais galegas con rexistro civil no que está operativa a aplicación... Listaxe das entidades locais galegas con rexistro civil no que está operativa a aplicación...
Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidade solicitude
141 Aplicacións e servizos finais Sistema de información do Rexistro Civil (INFOREG)

CSUX: Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza:

  • Teléfono 981546223 (Horario 7:30-20:00 L-V)
  • Teléfono 981546200 (Fins de semana e festivos as 24 h e en laborables de 20:00 a 7:30)
  • Correo electrónico soporte.xustiza@xunta.gal
  • AXUDOT

 

 

Data modificación

05/07/2023

Proveedor/Responsable do servizo

Gobierno de España/Ministerio de Justicia; Xunta de Galicia /Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Deportes e Xustiza/Dirección Xeral de Xustiza; Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

CSUX - Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza: Teléfono 981546223, Correo electrónico soporte.xustiza@xunta.gal. Horario 7:30-20:00 L-V (para fins de semana e festivos as 24 h e en laborables de 20:00 a 7:30: teléfono 981546200)

Tipo de uso

Interacción entre Administracións

Beneficiario

Cidadáns

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto