Buzón sinatura
Aplicación web que permite que calquera usuario/a dunha entidade local, con acceso á parte privada de Eidolocal, poida asinar dixitalmente documentación ou poñer un documento á disposición de sinatura doutro usuario da entidade local.
Para acceder a este servizo é necesario ser persoal dunha entidade local adherida ao convenio e-Administración. Neste caso, o persoal designado deberá solicitar aos usuarios (Alcaldes/as Secretarios/as) ou xestores de usuarios da entidade local, a alta como usuario do portal (nome e contrasinal de acceso a zona privada) e o permiso para acceder ao servizo de "Buzón sinatura". Tanto o alta de usuario como a asignación de permiso é tramitada polos xestores de usuarios de Eidolocal da propia entidade local de xeito automático a través da aplicación de xestión de usuarios habilitada para as EELL no propio Eidolocal.
A persoa que vai utilizar este servizo debe dispoñer dun certificado dixital de persoa física ou empregado público emitido pola FNMT, Camerfirma ou DNI electrónico.
CAU (Tlf. 981 545288, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
24/07/2026
Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
CAU (Tlf. 981 545288, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Xestión interna EELL
Empregados públicos
Portal web
Gratuíto
