Rexistro E/S da Xunta de Galicia (AIRES - SIR)
O Sistema de Interconexión de Registros (SIR)
Para dar resposta ás necesidades de mellora e eficiencia da Administración Pública e servizo ao cidadán, desenvolveuse por parte do Ministerio de Hacienda y Función Pública o Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). A plataforma SIR, é a infraestrutura básica que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as AAPP de forma segura e con conformidade legal, independentemente dá aplicación de rexistro utilizada, sempre que estea certificada na Norma SICRES 3.0.
A implantación de SIR permite eliminar o tránsito de papel entre administracións, aumentando a eficiencia e eliminando os custos de manipulación e remisión do papel, grazas á xeración de copias auténticas electrónicas da documentación presentada nos asentos de rexistro.
O 29/06/2016 completouse o proceso de Certificación do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas para a integración da aplicación AIRES na plataforma do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
A Xunta de Galicia pon a disposición das EELL a posibilidade de solicitar a utilización da aplicacion de rexistro AIRES como oficina de rexistro da entidade integrada na plataforma SIR, para o envío e recepción das anotacións e documentación.
AIRES como aplicación informática que facilita o envío de asentos rexistrais e documentos a través de SIR
AIRES é unha aplicación web que inicialmente permitía rexistrar as entradas e saídas de documentación que os cidadáns e unha entidade local dirixían á Xunta de Galicia e tamén podía ser utilizada por unha entidade local para levar o seu propio rexistro de E/S.
Actualmente Aires está integrada con SIR e certificada na Norma SICRES 3.0 polo que, previa petición de activación da integración AIRES-SIR para a entidade local, permite dixitalizar o papel que presenta o cidadán nas oficinas de rexistro AIRES existentes nunha entidade local galega, e envialo electronicamente ao destino, ao instante, e sexa cal for a súa localización xeográfica ou nivel de administración competente mediante o intercambio asentos rexistrais a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
- Ventaxes de utilizar AIRES para enviar a SIR
- A utilización dunha aplicación informática (AIRES) xa actualmente implementada na entidade local e coa que están familiarizados os usuarios da entidade local.
- A utilización dunha infraestrutura de comunicación (rede de datos da Xunta) e software (AIRES) cuxo mantemento e soporte é facilitado pola Xunta, eximindo á entidade local das tarefas de adaptación aos cambios que poidan xurdir por nova normativa ou mellora da infraestrutura.
- Requisitos mínimos para a activación do envio a SIR a través de AIRES para unha entidade local
1- A entidade local debe estar adherida ao convenio eAdministración Xunta-Fegamp, ao convenio prestación solucións básicas eAdministración e realizar a solicitude formal de activación da funcionalidade AIRES-SIR (ver máis abaixo cómo solicitar a activación).
2- A nivel de aplicación, o/s equipo/s que van traballar con AIRES-SIR terá/n que cumprir cos seguintes requisitos para asegurar o correcto funcionamento:
- O equipo debe estar integrado na Rede corporativa da Xunta de Galicia
- Sistemas operativos: Windows 7 ou superior
- Navegadores compatibles: Internet Explorer versión 10.0 ou superior
- Requirimentos Java: Máquina virtual de JAVA: JRE versión 8 actualización 77 ou superior (32 bits).
- Outras ferramentas: Adobe Reader versión 10 ou superior
- Recomendacións: no navegador desactivar o bloqueador de elementos emerxentes e deshabilitar o modo de vista de compatibilidade.
Os equipos que actualmente estean a traballar con AIRES xa cumprirían con estes requisitos.
3- A nivel das imaxes que se van xerar da documentación (dixitalización), os requirimentos básicos son:
- Equipo informático compatible cos requisitos (especificacións) mínimos que indique o fabricante do escáner:
- Debese xerar un ficheiro por cada tipo de documento sempre que sexa posible en formato PDF
- Resolución do escáner: 200 ppp
- Branco e negro
4- A nivel de usuarios, os usuarios AIRES-SIR:
- Deberán estár dados de alta no portal Eidolocal e dispoñer do permiso de "Rexistro E-S".
- Deberán disponer de certificado electrónico, preferiblemente de empregado público.
- Deberán coñecer e aplicar as instruccións recollidas nas guías e manuais que figuran no seguinte parágrafo.
Está dispoñible máis información sobre requisitos mínimos, procedementos funcionais das oficinas de rexistros SIR (Guía funcional para as oficinas de rexistros SIR) e principais consideracións e procedementos a seguir para o envío e recepción das anotacións e documentación en SIR a través de AIRES (Guía práctica AIRES-SIR) na parte privada de Eidolocal no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina.
5- Para facer envios a SIR a través de AIRES a oficina de rexistro da entidade local deberá estar dada de alta, previamente a solicitar o servizo AIRES-SIR, no inventario DIR3 (Listado oficinas de rexistro dadas de alta actualmente no DIR 3).
Para solicitar o alta en DIR3 ou para dúbidas ou incidencias relacionadas con esta solicitude deberá dirixirse ao Centro de Atención a Integradores e Desarrolladores (CAID) do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas enchendo o seguinte formulario Web de apertura de solicitudes de soporte técnico: solicitar alta de oficina de rexistro no DIR3 ou realizar consulta. Esta alta deberá solicitarse cumprindo as seguintes condicións:
- O nome no DIR3 da oficina da entidade local que exercerá as funcións de rexistro SIR a través de AIRES deberá ter o formato: Registro General del Ayuntamiento de ......................
- O enderezo da oficina de rexistro SIR indicada no apartado anterior deberá ser o enderezo postal da oficina de rexistro da entidade local á que se desexe que as oficinas SIR doutras administracións remitan os envíos SIR que por algún motivo excepcional teñan que remitir en soporte físico (papel, usb, cd...).
DIR3 é o Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas que proporciona un Inventario unificado e común a toda a Administración das unidades orgánicas / organismos públicos, as súas oficinas asociadas e unidades de xestión económica - orzamentaria, facilitando o mantemento distribuído e corresponsable da información. Máis información dispoñible aquí.
Para máis información sobre como dar de alta unha oficina de rexistro dunha entidade local en DIR3 pode descargarse a "Guia explicativa alta de oficina de rexistro en DIR3"
Se a entidade local intégrase en SIR a través de AIRES o novo escenario no que se atoparía sería:
Solicitude de activación do envio a SIR a través de AIRES
Para solicitar unha entidade local a activación do envío a SIR a través de AIRES, unha vez a entidade cumpra cos 5 requisitos mínimos antes indicados, deberase cumprimentar e asinar polo alcalde o modelo de solicitude dispoñible na parte privada de Eidolocal no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina (ficha descritiva do servizo AIRES).
Unha vez cumprimentada e asinada deberase remitir a solicitude ao CAU (cau-periferico@xunta.gal).
Listado de Oficinas e unidades actualmente integradas na plataforma SIR
Acceso ao servizo de rexistro antigo (anterior a setembro 2012).
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
![]() | Guia práctica procedemento alta dunha oficina de rexistro dunha EL no DIR3 | Guía practica explicativa do procedemento que se debe seguir para dar de alta unha oficina... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
![]() | Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia | ![]() | Correo electrónico |
23/09/2022
Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Secretaria Xeral Técnica
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Outras administracións
Portal web
Gratuíto
Convenio PMSBAE, Convenio eAdministración