Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
Escudo
De azur (azul), as dúas chaves de ouro (amarelo), dispostas en aspa e acompañadas, no xefe, dun crecente figurado de prata (branco) e, na punta, dunha torre do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada Neste emblema recórdanse e perpetúanse axeitadamente tres elementos suficientemente representativos. En primeiro lugar, as dúas chaves en aspa que aluden á antiga advocación a San Pedro da capital municipal. Ó lado, a torre de prata como recordo da magnífica fortaleza medieval de Fornelos, propia da Casa de Soutomaior, que foi testemuña e ás veces protagonista tamén dun acontecer histórico relevante. Finalmente, o crecente figurado como alusión parlante, ou exactamente fonética, que reclama o nome do Municipio.
Detalles da oferta de emprego