Plan eConcellos

Plan eConcellos nace como vehículo para a consecución dos obxectivos de modernización das Administracións Locais galegas. Actualmente existen diversas iniciativas de administración electrónica nas Entidades Locais galegas, pero é fundamental a coordinación entre as entidades locais e autonómica para:

  • O aproveitamento das experiencias, sistemas e iniciativas existentes, así como para evitar inversións redundantes;
  • Apoiar a xestión interna dos concellos a través de medios que garantan a simplificación e flexibilidade na xestión; 
  • Facilitar un grao de soporte tecnolóxico óptimo e economicamente sostible nos concellos de Galicia orientado a tres niveis: infraestruturas, servizos e aplicacións.

O Plan eConcellos debe sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da administración electrónica nas Administración Locais galegas no marco da lei 11/2007, do 22 de Xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos e está orientado a todos/as os/as participantes da Administración local de Galicia (Deputacións Provinciais, Cidades, Concellos, Mancomunidades e outras entidades locais) e en especial a aqueles grupos nos que se detecta unha maior dificultade e menor desenvolvemento da eAdministración.

Para impulsar o desenvolvemento coordinado no eido da eAdministración en Galicia, asínase en Setembro de 2009 o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia ' co fin de establecer un marco de colaboración permanente que permita a coordinación das actuacións que se van a realizar na Comunidade Autónoma para a implantación dos servizos de eAdministración. Este convenio foi prorrogado a través de diversas addendas ata o 9 de xullo de 2018 e finalmente sustituido polo Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia.

Para coñecer o alcance das actuacións que se levan a cabo no Plan eConcellos, o marco legal e extratéxico no que se desenvolve e os principais beneficios derivados do desenvolvemnto do plan, pode consultar o seguinte documento resumo: Plan eConcellos.