Vespa velutina

Vespa velutina

Sensibilizada co sector, cos seus retos e problemas a Xunta de Galicia puxo en marcha, en colaboración coa administración local así como con representantes do sector apícola o Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta vespa.

Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunícalo ao teléfono 012 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.