Novas oportunidades para Pymes baseadas en tecnoloxías facilitadoras esenciais (0636_NOVA_TFE_1_E)

Novas oportunidades para Pymes baseadas en tecnoloxías facilitadoras esenciais (0636_NOVA_TFE_1_E)

Aprobado por acordo entre a Autoridade de Xestión e o Beneficiario Principal do 28 de marzo de 2019, remata o 30 de xuño de 2021.

O custo total da operación para o período de vixencia do proxecto é de 1.017.166,00 Euros, a contribución comunitaria (FEDER) máxima á mesma é de 762.874,00 Euros, que corresponde ao 75,00 % do custo total elixíbel previsto.

O orzamento da Dirección Xeral de Administración Local, para a realización das actividades comprometidas é de 117.000,00 Euros, dos cales 87.750,00 Euros serían de fondos europeos e 29.250,00 Euros de fondo propio.

Beneficiarios

  • Beneficiario Principal: Mancomunidade de O Salnés.
  • Beneficiario 2: Concello de Ourense.
  • Beneficiario 3: Deputación de Ourense.
  • Beneficiario 4: Universidade de Vigo.
  • Beneficiario 5: Dirección Xeral da Administración Local. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Beneficiario 6: Municipio de Valença de Minho

Os obxectivos estratéxicos do proxecto son

Mellorar a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación e nas actividades de I+D+i mais achegas ao mercado.

O proxecto facilitará que a investigación aplicada relacionada coa internet das cousas (especialmente smart city) e fabricación avanzada, se traslade ás PYMES dos sectores máis relevantes do espazo transfronteirizo, involucrando directamente a o seu persoal en redes de intercambio e en laboratorios de prototipado e experimentación.

O desenvolvemento de redes facilitará o acceso das PYMES aos procesos de innovación e o traballo centrado nos laboratorios de prototipado e experimentación acercará os produtos desenvolvidos aos mercados reais.

A cooperación transfronteiriza enriquecerá a transferencia tecnolóxica (ao incluír centros de investigación de ambos países) e permitirá o acceso a un mercado máis amplo.

Resultados

Rede de cooperación tecnolóxica para PYMES, sobre a aplicación das TFE (fabricación avanzada e TICs).

Centros físicos de cooperación (laboratorios de prototipado e experimentación).

Plataformas públicas abertas á experimentación para a validación de prototipos Iot (plataformas smart city).

Os beneficiarios serán PYMES con capacidade para desenvolver (ou aproveitar) as TFE seleccionadas (fabricación avanzada e Iot), nos seus procesos de fabricación (PYMES industriais) ou como compoñente básica dos seus produtos (PYMES servicios TIC).

A innovación do proxecto consiste no desenvolvemento de laboratorios de experimentación e prototipado compartidos por centros de innovación, PYMES e os seus potenciais clientes

Actividades a realizar pola Dirección Xeral de Administración Local

  1. Rede Transfronteriza de Cooperación Tecnolóxica. Realización de estudos referentes a capacidade das cidades de menos de 50.000 habitantes para contratar servizos de Smart City. Creación de grupo de traballo e seminarios de intercambio nas pymes e nos seus traballadores. Formación e transferencia de coñecemento sobre ás TFE seleccionadas
  2. Laboratorios de experimentación e proptotipado TFE.
  3. Avaliación da implementación do proxecto
  4. Divulgación e comunicación. Consistirá nas accións de explotación, difusión e comunicación das actividades para acadar os obxectivos previstos nos proxecto europeo. Deseño e implementación dun Plan Xeral de Comunicación, xornadas de innovación, campañas de difusión.....

Páxina do programa Interreg VA España-Portugal

http://www.poctep.eu/es/inicio-2014-2020