As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición os seguintes novos servizos por cedente para a consulta de datos:
➢ Ministerio del Interior:
➢ Consulta de ser beneficiario como víctima del terrorismo
➢ Dirección General de la Policía:
➢ Consulta y verificación de datos de residencia de extranjeros
➢ Instituto Nacional de la Seguridad Social:
➢ TSD Integrantes IMV o RIS de TSD Instituto Nacional
➢ TSD Datos económicos de TSD
➢ TSD Prestaciones de TSD
➢ Intervención General de la Administración del Estado:
➢ Consulta de ayudas del Estado del BDNS
➢ Concesión de subvenciones y ayudas ampliada del BDNS
➢ Consulta y certificado de estar al corriente de pago para el reintegro de préstamos
➢ Consulta y certificado de estar al corriente de pago para el reintegro de subvenciones
➢ Consulta de inhabilitaciones para obtener subvenciones y ayudas
➢ Consulta de subvenciones y ayudas con MINIMIS ampliado del BDNS
➢ Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas:
➢ Certificado de discapacidad
➢ Tesorería General de la Seguridad Social:
➢ Consulta de deudores tributarios
➢ Xunta de Galicia:
➢ Certificado de discapacidad
➢ Consulta de familia monoparental
➢ Servicio de consulta menor
A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.
A través da plataforma de interoperabilidade pasaXe! as entidades locais de Galicia poden consultar 113 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, a AEAT, a Dirección Xeral da Policía, a Dirección Xeral do Catastro, Dirección Xeral de Tráfico, o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, o IMSERSO, o INSS, o INE, a Intervención Xeral da Administración do Estado, a Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, MUFACE, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Cervantes, a Axencia Tributaria de Navarra e o Ministerio do Interior. Na ficha do servizo de Eidolocal, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.
Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eidolocal unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitación do servizo que pode consultar nesta ligazón.