Xestión das bolsas de interinos de habilitación de caracter nacional

O obxecto desta sección é cumprir co establecido no artigo 10 da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional  onde se prevé que tanto as publicacións que realice a Dirección Xeral de Administración Local relativas a este procedemento como as comunicacións realizadas ás persoas interesadas realizaranse a través do portal de servizos web Eidolocal.

Así pois, neste espazo darase publicidade á relación de prazas ofertadas e a relación de persoas  seleccionadas para a súa cobertura (art. 10.1.a da referida orde)

Facilitarase o modelo para a aceptación ou rexeitamento das prazas por parte das persoas preseleccionadas así como a ligazón ao procedemento para a presentación do mesmo (art. 10.1. b da referida orde).

Darase publicidade da listado de persoas seleccionadas (art. 10.1. c da referida orde).

Finalmente poñerase a disposición dos interesados un modelo de solicitude de suspensión de chamamento  así como a ligazón ao procedemento para a presentación do mesmo (art. 12.3  da referida orde).

icon ANUNCIO DE PRAZAS VACANTES E PUBLICACIÓN DE PRESELECCIONADOS (art. 10.1.a)

icon PROCEDEMENTO DE ACEPTACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS (art. 10.1.b)

Esta comunicación de aceptación ou rexeitamento das prazas realizarase a través do procedemento PR410A da Sede da Xunta.

Para calquera incidencia relacionada coa presentación electrónica da aceptación ou rexeitamento da oferta pode poñerse en contacto co servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

icon PUBLICACIÓN DAS PERSOAS SELECCIONADAS (art. 10.1.c)

icon PRESENTACION DE SOLICITUDE DE SUSPENSION DE CHAMAMENTOS (art. 12.3)

A solicitude de suspensión de chamamento realizarase a través do procedemento PR410A da Sede da Xunta.

Para calquera incidencia relacionada coa presentación electrónica da solicitude de suspensión de chamamentos pode poñerse en contacto co servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

icon MÁIS INFORMACIÓN

Dispón de máis información respecto a creación e xestión destas bolsas de interinos na ORDE do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Así mesmo todo a información relativa ao procedemento tramitado para a elaboración das bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Administración Local de 19 de marzo de 2024 está dispoñible no procedemento  PR410A da sede da Xunta.

Para calquera dúbida relacionada coa xestión destas bolsas pode acudir a:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RÉXIME XURÍDICO LOCAL