Habilitación Nacional
Nesta páxina publícase toda a información relacionada coa xestión da provisión de postos de funcionarios/as con habilitación de carácter nacional dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia: normativa, concursos, clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións, permutas, xestión de bolsas de interinos,…
Ámbito competencial da DXAL
O artigo 241 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado (constituída pola disposición adicional 2ª da Lei 7/2007) sobre clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións e permutas, dentro do seu ámbito territorial.
Así pois e segundo o establecido no Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza son competencias da Dirección xeral de Administración Local, en concreto do seu Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal as seguintes:
- O asesoramento en materia de función pública local e a revisión dos procesos de selección de persoal das entidades locais.
- A distribución do papel numerado para actas e resolucións das entidades locais.
- A tramitación da provisión de postos con carácter non definitivo e o exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma respecto dos concursos de traslados e libre designación de habilitados/as estatais.
- A tramitación dos expedientes de creación, clasificación e supresión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación estatal, así como os de constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento dos ditos postos e os das exencións regulamentariamente establecidas.
- A dirección e xestión do Rexistro autonómico de funcionarios/as con habilitación de carácter nacional e a coordinación e integración co rexistro estatal dos ditos funcionarios.
- A elaboración de informes sobre os recursos que se presenten en materia de funcionarios/as con habilitación de carácter nacional.
- Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
Contactos
- Dirección Xeral de Administración Local
- Enderezo: Rúa Madrid, 2-4, 2º-Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela - Fax: 981 54 65 69
- Enderezo: Rúa Madrid, 2-4, 2º-Polígono de Fontiñas
- Subdirección Xeral réxime xurídico local
- Teléfono(s): 981 54 00 96 / 981 54 00 97
- Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE
- Teléfono(s): 981 54 00 46 / 981 54 74 64 (Solicitude de certificados)
- Ministerio de Administracións Públicas
- Dirección General de Cooperación Local
- Enderezo: Plaza de España, 17 - 28071 Madrid
- Fax: 912 73 90 00
- Subdirección General de Estudios y Sistemas de Información Local
- Teléfono: 912 73 37 58
- Fax: 912 73 35 66
- Dirección General de Cooperación Local
- Colexios SITAL de Galicia
- Coruña
- Enderezo: Colegio Sital A Coruña. R/ Cantón Grande, 6, 10-A
- Teléfono: 981 22 12 20
- Fax: 981 22 25 03
- Enderezo electrónico: luisa.saleta@cositalcoruna.org
- Lugo
- Enderezo: Colegio Sital Lugo. R/ Orense, 59, Entresuelo
- Teléfono(s): 982 53 50 00 (J.A. Carro Asorey) / 982 39 00 62 (J.A. Balseiro)
- Enderezo electrónico: cosital.lugo@yahoo.es
- Ourense
- Enderezo: Colegio Sital Ourense.R/ Ramón Cabanillas 3 2ªA
- Enderezo electrónico: info@cositalourense.es
- Pontevedra
- Enderezo: Colegio Sital Pontevedra. Praza do Teucro, 1, 1
- Enderezo electrónico: cosital@sitalpontevedra.com
- Coruña