Plataforma de Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (PcPG)

Non dispón do permiso

Aplicación web que facilita que unha entidade local poida manter os datos do seu perfil como contratante e publicar e xestionar os seus procedementos de contratación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (PCPG). A PCPG atópase na actualidade interconectada coa Plataforma de Contratación do Sector Publico de xeito que as licitacións anunciadas nela pódense visibilizar a nivel estatal facilitando a concorrencia e acceso ás licitacións das pequenas e medianas empresas.

Máis información

Na Comunidade Autónoma de Galicia, a Plataforma de contratos públicos de Galicia (PCPG) asumiu no 2008 o reto de integrar toda a contratación pública dos perfís da Administración Autonómica e do seu sector público. Pero no ano 2010 regulouse xa coa vocación de ser o punto de acceso a información publicada por todos os perfís dos órganos de contratación do sector público galego, incluídas as entidades locais e órganos estatutarios. Actualmente a metade da nosa administración local, e entidades como o Consello de Contas e o Parlamento de Galicia, publican na PCPG converténdose nunha das páxinas mais visitadas no ámbito dos servizos públicos, e tamén das mellor valoradas pola súa claridade e contidos.

Ademais, en cumprimento da Disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de unidade de mercado, a PCPG atópase na actualidade interconectada coa Plataforma de Contratación do Sector Publico de xeito que as licitacións anunciadas nela pódense visibilizar a nivel estatal facilitando a concorrencia e acceso ás licitacións das pequenas e medianas empresas.

Para dispoñer deste servizo unha entidade local debe estar adherida ao convenio e-Administración e ten que solicitar a alta na plataforma de contratación para o que deberá cumprimentar a "solicitude de alta do perfil do contratante" dispoñible na opción de "Contido relacionado" desta mesma ficha do servizo na parte privada de EidoLocal e ten que solicitar "a/s alta/s do/s usuario/s da entidade na PcPG"  (que previamente deberán estar dados de alta en Eidolocal) remitindo as solicitudes vía correo ao CAU (cau-periferico@xunta.gal).

Unha vez dada de alta a entidade local e o/os usuario/s na PcPG, estes usuarios disporán de acceso á plataforma dende a área privada de Eidolocal, nela poderán insertar, publicar, modificar ou borrar procedementos de contratación da propia entidade local.

O/s usuario/s que vaia/n levar este mantemento e xestión dos contratos da entidade local na PcPG deberá/n dispoñer dun Certificado Dixital Clase 2 CA persoal da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda, Camerfirma ou DNI-e.

 

Data modificación

19/04/2018

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia / Consellería de Facenda Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais, Outras administracións

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Convenios

Convenio eAdministración

Datos contacto suscrición

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

1. Ser persoal dunha entidade local adherida ao Convenio e-Administración. 2. Dispoñer de usuario no Portal Eido Local. 3. Solicitar alta do perfil da EELL na plataforma de contratación 4. Solicitar alta/s do/s usuario/s da entidade na plataforma de contratación 5. Disponer no perfil de usuario de Eidolocal do permiso correspondente da Plataforma de Contratación 6. Dispoñer de certificado dixital clase 2CA da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda, Camerfirma ou DNI-e.

Descrición proceso

Para acceder ao servizo, previamente a entidade local deberá cumprimentar a " solicitude de alta do perfil do contratante" dispoñible na opción de "Contido relacionado" desta mesma ficha do servizo na parte privada de EidoLocal e deberase solicitar "a/s alta/s do/s usuario/s da entidade na PcPG" remitindo as solicitudes vía correo ao CAU (cau-periferico@xunta.gal). Unha vez confirmada a alta da entidade e dos usuarios na PCPG poderán acceder á Plataforma de contratación desde a zona privada do portal Eidolocal. O/s usuario/s que vaia/n levar este mantemento e xestión dos contratos da entidade local deberá/n dispoñer dun Certificado Dixital Clase 2 CA persoal da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda, Camerfirma ou DNI-e.

Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidad solicitud
120 Aplicacións e servizos finais Rexistro xeral de contratistas Fax , Correo electrónico