Inforeg (sistema de información de xestión do rexistro civil)
A aplicación Inforeg é o sistema que xestiona de forma centralizada os rexistros civís municipais, xulgados de paz e o Rexistro Civil central. As súas funcionalidades van dirixidas a utilización de tratamentos de textos na redacción dos asentos rexistrais, o almacenamento electrónico dos datos y permitir a conexión dos datos sobre unha mesma persoa inscritos en seccións diferentes de diversos rexistros civís. Tamén facilita a transmisión masiva de datos de utilidade pública aos organismos públicos que teñan interese neles, con pleno respecto aos límites legais sobre publicidade restrinxida, á protección de datos persoais e ao dereito á intimidade persoal e familiar.
Máis información
O proceso de implantación do sistema Inforeg na comunidade autónoma de Galicia é o resultado dun convenio de colaboración entre a empresa estatal Red.es, o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia.
Actualmente a totalidade dos rexistros civís e o 99% dos xulgados de paz utilizan o sistema para a realización dos asentos rexistrais.
10/11/2022
Gobierno de España Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
CSUX (Centro de servizos ao usuario de Xustiza) (Tlf. 981 546 223, Fax. 881 997 375, correo electrónico: soporte.xustiza@xunta.gal, horario: 7:30-20:00 L-V. Para fins de semana e festivos as 24 h e en laborables de 20:00 a 7:30: tlf. 981 546 200)
Interacción entre Administracións
Empregados públicos
Non aplica
Gratuíto
Dispoñer de credenciais (nome de usuario e clave) para o acceso ao rexistro civil en liña.
Para acceder á aplicación deberá ser persoal acreditado no rexistro civil en liña para o acceso.