Premios á dinamización demográfica

Obxeto

  1. Os premios á dinamización demográfica 2019 (PR420C) teñen por obxecto a difusión das iniciativas locais que aborden o reto do cambio demográfico mediante a distinción pública de proxectos que aborden o reto da dinamización demográfica promovidos por concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, que persigan a implantación de iniciativas e accións específicas que aborden o reto do cambio demográfico no seu ámbito territorial nalgún dos seguintes ámbitos:
    1. Apoio ás familias.
    2. Conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
    3. Apoio á mocidade.
    4. Retorno e atracción de nova poboación.
    5. Promoción do envellecemento activo e saudable.
    6. Creación do marco necesario para o asentamento da poboación no medio rural.
  3. A concesión dos premios realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
  4. Os premios terán os importes indicados no artigo 3 desta orde. Cada un dos premios outorgarase de xeito individual a unha única candidatura ou ben declararase deserto.
  5. Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algúns dos proxectos participantes, que non terá dotación económica. As entidades gañadoras desta mención especial recibirán un diploma, que en ningún caso suporá compromiso económico por parte da Administración autonómica.
  6. Todas as entidades premiadas e as distinguidas con mención especial recibirán un diploma coa mención Premios á dinamización demográfica 2019 e, no caso das premiadas, o importe do premio, que lles será aboado mediante transferencia bancaria.
  7. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no número 3 deste artigo, as candidaturas examinaraas un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios aplicables aos órganos colexiados segundo a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A quen vai dirixido?

Poderán optar a estes premios os concellos, de forma individual ou mediante agrupación de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais de Galicia.

Requisitos

a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2018.

b) Todas as entidades participantes deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do exercicio orzamentario de 2017. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgunha das entidades participantes na candidatura suporá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá acreditalo individualmente cada un dos concellos integrantes da agrupación.

Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que se dean algunhas das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

A onde acudir

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS EE.LL.
SERVIZO DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA


R/ Madrid, 2-4. 2º
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981546211 / 981546172
Email: administracionlocal@xunta.gal
http://www.xunta.gal/vicepresidencia-cpapx

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL