Subvencións e axudas da DXAL ás EELL

A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle se atribúen á Comunidade Autónoma galega no tocante ao fomento de liñas de colaboración coas entidades locais galegas, no referente á convocatoria e á execución de liñas de subvención destinadas a elas. Consecuentemente, encargarase da proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais no ámbito propio das competencias que lle correspondan á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, incluíndo:

  • A coordinación das propostas que procedan en canto ás convocatorias
  • A selección e adxudicación das subvencións, axudas que se destinan ás entidades locais galegas.
  • O seguimento e  xustificación das subvencións xestionadas

As liñas de axuda tramitadas no ano 2021 son as seguintes:

  • Subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.
  • Subvencións destinadas as asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
  • Subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.
  • Premios Coopera Galicia Entidades Locais para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia. Última convocatoria en el 2018.