Acceso á Rede SARA e aos seus servizos
A Rede SARA (Sistemas de Aplicacións e Redes para as Administracións) é un conxunto de infraestruturas de comunicacións e servizos básicos que conecta as redes das Administracións Públicas Españolas (Ministerios, Comunidades Autónomas, Entes Locais e outros organismos públicos) e Institucións Europeas facilitando o intercambio de información e o acceso aos servizos. SARA caracterízase por ser unha rede segura, fiable e de alta capacidade e dispoñibilidade.
Cales son os servizos alcanzables a través da Rede SARA?
A rede SARA permite que as administracións compartan entre elas todos os servizos que consideren necesarios. Ademais existen unha serie de servizos comúns básicos que facilitan o despregamento da oferta de administración electrónica aos que as diferentes administracións poden acceder:
- Verificación dos datos de identidade e residencia.
- Plataforma de validación de firma electrónica.
- Solicitude de cambio de domicilio.
- Notificación electrónica fehaciente.
- Pasarela de pagamento.
- Rexistro electrónico común.
- Consultas do estado de expedientes.
- Catálogos de procedementos das AAPP.
- Videoconferencia.
- Voz IP.
- Centro de Transferencia de Tecnoloxía.
- Servizos de nova creación.
Acceso ao catálogo de servizos proporcionados a través de SARA:
1.Se non dispón de acceso á rede SARA
2.Se xa dispón de acceso á rede SARA
REQUISITOS MÍNIMOS DE ACCESO
Unha entidade local galega para dispoñer de acceso a Rede SARA e aos seus servizos deberá cumprir os seguintes requisitos ou trámites:
1. Estar integrada na Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG).
2. Asinar o acordo coa Xunta para acceder ás solucións tecnolóxicas básicas de eAdministración contidas no convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica a través da funcionalidade de Sala de sinatura virtual existente no portal Eidolocal.
3. Solicitar o acceso a SARA e aos seus servizos, a través da Rede corporativa da Xunta de Galicia (RCXG), cumprimentando e asinando o formulario correspondente.
Servizo de DNS na Rede SARA
Para solicitar o alta/baixa/modificación no servizo de DNS na rede Sara dos nomes e IPs asignados aos servidores utilizados por unha entidade local para a integración ou utilización de servizos disponibles en SARA adoptando uns nomes baixo o dominio de DNS que ten publicado a Xunta na rede SARA: *.sara.xunta.es deberase enviar a cau-periferico@xunta.gal o formulario: “Solicitude servizo DNS” cumplimentado e asinado dixitalmente.
Certificado de servidor SSL *.sara.xunta.es
Para solicitar á Xunta un certificado de servidor de validación de organización (monodominio – SSL ou multidominio – SSL SAN) que dependa do dominio: *.sara.xunta.es a nome do concello ou a renovación dun certificado, deberase autorizar á Xunta a súa tramitación cunha Autoridade de Certificación (CA) polo que, para a solicitude ou renovación, se debe utilizar o documento de “Autorización solicitude certificado de servidor seguro de validación de organización (monodominio – SSL ou multidominio – SSL SAN)”. No correo dirixido ao CAU (cau-periferico@xunta.gal) no que solicite o/s certificado/s de servidor deberán achegar:
1) A autorización de solicitude de certificado de servidor seguro (Monodominio ou Multidominio segundo proceda). A URL a especificar na autorización deberá ter o seguinte formato: *.nomeconcello.sara.xunta.es. É importante que na autorización se indiquen exactamente os dominios que debe cubrir o certificado. Deberá indicarse a URL principal (e secundarias se é multidominio).
2) Decreto de nomeamento da persona que asina a autorización.
3) Arquivo CSR.
3) Datos de contacto da persoa da entidade que actuará de interlocutora coa Xunta para todas as xestións co certificado (nome, apelidos, conta de correo e teléfono).
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
Solicitude de conexión SARA e de uso do/s servizo/s da plataforma SARA | Solicitude de conexión SARA e de uso dos servizo/s (de validación de sinatura electrónica ... | |
Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prest... | Enlace a información sobre o convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a ... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia | Correo electrónico | ||
Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... | Correo electrónico | ||
Conexión remota á Rede da Xunta de Galicia e a sistemas de EE.LL. integrados na RCXG (VPN) | Correo electrónico | ||
Correo electrónico-Eidolocal | Correo electrónico | ||
Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia. | Correo electrónico | ||
Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia | Correo electrónico |
26/07/2023
Goberno de España/ Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Entidades locais
Non aplica
Gratuíto
Convenio PMSBAE