SiLEX é o Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia, que permite realizar a licitación electrónica dos procedementos: aberto, aberto simplificado, aberto supersimplificado, negociado con publicidade, negociado sen publicidade, contrato menor, restrinxido, baseado en acordo marco (pódese licitar electronicamente, independentemente de que o acordo marco no que se basea se tramitase en papel), baseado en acordo dinámico (pódese licitar electronicamente, independentemente de que o acordo dinámico no que se basea se tramitase en papel).

SiLEX dá resposta ao disposto pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público para a licitación electrónica e permite levar a cabo de forma telemática as seguintes fases dun procedemento de contratación:

  • A alta e publicación dunha nova licitación por parte dos órganos de contratación
  • A presentación de ofertas por parte das empresas
  • A celebración das mesas de contratación ou apertura de documentación
  • A valoración das ofertas presentadas

Ofrece a máxima dispoñibilidade, eficiencia e transparencia do proceso de licitación, garantindo a confidencialidade e autenticidade das ofertas presentadas polos licitadores.

Para máis información pode consultar no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina aos manuais e guías sobre a aplicación.

REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO

Para o acceso ao sistema é necesario:

Para asegurar un funcionamento óptimo da plataforma SILEX recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda a SILEX preferentemente dispoñan de:

  • Sistema operativo: Windows 7 ou superior
  • Navegador: Chrome, Microsoft Edge ou Firefox (versións actualizadas)
  • Certificados electrónicos: Os usuarios deberá dispoñer de certificados electrónicos de persoa física recoñecidos ou cualificados expedidos polos prestadores de servizos de identificación incluídos na lista de confianza de prestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza cuxa relación se pode consultar no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.gal/servizos-e-tramites/ov-perceptores/certificados-electronicos-admitidos . O DNI electrónico non é apto para o seu uso na plataforma por parte dos usuarios das unidades de contratación.
  • Tarxetas intelixentes e drivers asociados:
    • FNMT-CERES
    • MIFARE MF1ICS50
    • Con outras tarxetas haberia que facer probas de compatibilidade.
  • Como mínimo deberán estar dados de alta na aplicación 2 usuarios/as da entidade local (un co perfil de moderador).

 

SOLICITUDE DE ACCESO A SILEX (ALTA/BAIXA /MODIFICACIÓN USUARIOS)

Para solicitar unha entidade local a alta de usuarios no Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) os pasos que debe seguir son:

  • Deberase cumprimentar a folla de cálculo SILEX - Solicitude alta, baixa e modificación de usuario
  • Asinar dixitalmente o documento polo Alcalde/sa ou Presidente/a en formato PDF
  • Enviar ao  Centro de Atención a Usuarios da Xunta (CAU) cau-periferico@xunta.gal tanto o documento asinado como a folla de cálculo (formato ods) cumprimentada.
  • Unha vez tramitada a alta pola Xunta comunicarase, a conta de correo de cada usuario (conta de correo indicada no formulario da solicitude), ás instruccións para acceder ao Sistema de Licitación Electrónica (SILEX).

Para solicitar unha entidade local a baixa ou modificación de usuarios no Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) deben seguir os mesmos pasos que para a solicitude de alta pero indicando na columna “Accións” da folla de cálculo que se trata dunha baixa/modificación.

Identificador Formato Nome Descrición
50780 Documento SILEX - Solicitude alta/baixa/modificación de usuarios/as no servizo Modelo solicitude a utilizar para dar de alta a unha entidade local e/ou a algún usuario d...
63061 Documento SILEX - Recomendacións para a correcta utilización de Silex para o Órgano de Contratación Recomendacións para o Órgano de Contratación sobre que requisitos técnicos e operativos é ...
67299 Enlace SILEX - Manual de usuario/a Manual de usuario/a do servicio do SILEX
67300 Enlace SILEX - Guía de publicación de procedementos acordo marco e baseados en acordo marco Esta guía explica detalladamente como realizar a publicación dun procedemento acordo marco...
67301 Enlace SILEX - Guía para membros de mesa Guía onde se describen as opcións que actualmente teñen os membros de mesa no Sistema de L...
67302 Enlace SILEX - Guía para requirir documentación ou aclaracións ás empresas Esta guía explica detalladamente como realizar un requirimento de documentación a un licit...
67303 Enlace SILEX - Guía para moderador de mesa Guía onde se describen as opcións que actualmente teñen os moderadores de mesa no Sistema ...
67306 Enlace SILEX - Guía tramitación sistemas dinámicos de adquisición e de expedientes baseados neste... Guía que explica detalladamente como realizar a publicación dun procedemento sistema dinám...
67307 Enlace SILEX - Guía de tramitación de procedementos restrinxidos Guía que explica detalladamente como realizar a licitación dun procedemento restrinxido no...
Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidade solicitude
121 Aplicacións e servizos finais Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (CPG) Correo electrónico
120 Aplicacións e servizos finais Rexistro xeral de contratistas (RXC) En liña
20220 Comunicación Sistema electrónico de facturación (SEF) En liña

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo SILEX, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal. Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas ou información relacionada coas xornadas de formación sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.

Data modificación

01/02/2024

Proveedor/Responsable do servizo

Consellería de Facenda, CIXTEC

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais, Empresas

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración