Sistema electrónico de facturación (SEF)

O Sistema Electrónico de Facturación (SEF) é o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da comunidade Autónoma de Galicia, así mesmo, e unha plataforma que permite a unha entidade local dada de alta en SEF rexistrar electrónicamente as facturas que se reciben en papel así como a consulta e tramitación das facturas que os provedores presentan de xeito electrónico nesta plataforma.

Máis información

Vantaxes de utilizar SEF:

  • Permite aos provedores a presentación de facturas electrónicas no enderezo web: www.conselleriadefacenda.es/factura.
  • Evita os desprazamentos e a impresión de documentos.
  • Axiliza os trámites das facturas e reduce polo tanto os tempos de pago.
  • Informa en todo momento ao provedor do estado de tramitación das súas facturas.

A plataforma SEF e un dos servicios que forma parte do Nodo integral de Contratación Publica Electrónica de Galicia xunto coa Plataforma de Contratos de Galicia (PcPG) o Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) e o Sistema de Licitación Electrónica (SILEX).

 

REQUISITOS MINIMOS PARA O ACCESO A SEF

Para poder utilizar a plataforma SEF unha entidade local deberá cumprir cos seguintes requisitos mínimos:

  1. Estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia".

  2. Para asegurar un funcionamento optimo da plataforma SEF recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda a SEF preferentemente dispoñan de:

 Compoñente 

   Requisito

Sistema operativo

Windows 7 ou superior

Navegador

Microsoft Internet Explorer, Microsoft Edge, Firefox, Chrome, Safari.

Certificado dixital

Certificados electrónicos de persoa física recoñecidos ou cualificados expedidos polos prestadores de servizos de identificación incluídos na Lista de confianza de prestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza cuxa relación se pode consultar no seguinte enderezo:

http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-perceptores/certificados-electronicos-admitidos

 

SOLICITUDE DE ACCESO A SEF

Para solicitar unha entidade local o alta no Sistema de Licitación Electrónica (SEF) deberase cumprimentar, asinar dixitalmente polo Alcalde/sa ou Presidente/a e enviar ao Centro de Atención a Usuarios da Xunta (CAU) cau-periferico@xuntal.gal a folla de cálculo “SEF - Formulario de alta usuarios na que se indican: o datos fiscais da entidade, as unidades de contratación receptoras de facturas e os seus códigos DIR3 asociados, e os usuarios da entidade local que se desexen dar de alta no servizo.

No caso de que se envíe a solicitude en formato pdf asinado dixitalmente, ou como documento asinado manualmente e escaneado é necesario que se envíe tamén a folla de cálculo (formato ods) cumprimentada cos datos dos usuarios.

Os usuarios que se vaian dar de alta en SEF e cuxos datos se recollen na folla de cálculo, deberán ser informados pola entidade local solicitante sobre a información sobre protección de datos que se recolle no documento “SEF – Cláusula informativa RGPD

Dispón de información máis detallada sobre como cumprimentar a folla de calculo formulario de alta de usuarios e de cómo solicitar o alta no documento “SEF – Procedemento alta de usuarios”.

Todos estes documentos relacionados coa solicitude de alta no servizo tamén están dispoñibles no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina.

Unha vez tramitada pola Xunta a alta en SEF da entidade local comunicarase, a conta de correo de cada usuario (conta de correo indicada no formulario, folla de cálculo, da solicitude), ás instruccións para acceder ao Sistema Electrónico de Facturación (SEF) .

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS CO SERVIZO SEF

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo SEF, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas ou información relacionada coas xornadas de formación sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcello a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.

 

Data modificación

19/11/2018

Proveedor/Responsable do servizo

Consellería de Facenda, CIXTEC

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Identificador Formato Nome Descrición
50901 Documento Cláusula informativa RGPD - SILEX e SEF Documento no que se recolle a información sobre protección de datos que unha entidade loca...
50902 Documento SEF - Formulario alta usuarios Modelo solicitude alta de usuarios para acceso ao Sistema de Facturación Electrónica (SEF)...
50903 Documento SEF – Procedemento alta de usuarios Documento no que se explica como cumprimentar a folla de calculo modelo de solicitude/form...
50904 Documento SEF-Presentacion sobre o Sistema de Facturación Electrónica da Xunta (EELL) Documento que describe as principais funcionalidades do Sistema de Facturación Electrónica...
Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidad solicitud
121 Aplicacións e servizos finais Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (CPG) Correo electrónico
120 Aplicacións e servizos finais Rexistro xeral de contratistas (RXC) En liña
20200 Aplicacións e servizos finais Sistema de licitación electrónica (SILEX) Correo electrónico