Sistema de licitación electrónica (SILEX)
Sistema que permite realizar a licitación electrónica dos procedementos abertos, negociados, restrinxidos e contratos menores.
Máis información
Coa entrada en vigor da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público producíronse unha serie de cambios nos procedementos de contratación. Un dos máis destacables é a aparición dunha modalidade de procedemento aberto, descrita no artigo 159.6, que polos seus importes parece o substituto natural dos antigos procedementos negociados sen publicidade e dunha parte importante dos contratos menores. Esta nova modalidade de procedemento aberto coñécese como "Procedemento Aberto Super Simplificado" (PASS).
A Lei describe o PASS como un procedemento básicamente electrónico e, neste sentido, na Xunta estívose a traballar para poñer a disposición das EELL galegas un sistema electrónico que permita a súa tramitación. Este sistema é SILEX (Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia) que se poderá utilizar para tramitar este tipo de procedementos (PASS) ademáis de abertos, negociados, restrinxidos e contratos menores.
A plataforma SILEX e un dos servicios que forma parte do Nodo integral de Contratación Publica Electrónica de Galicia xunto coa Plataforma de Contratos de Galicia (PcPG) o Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) e o Sistema de Factura Electrónica (SEF).
Para máis información sobre o funcionamento da plataforma SILEX pode acceder ao documento SILEX-Presentación informativa sobre o servizo
REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO A SILEX
Para poder utilizar a plataforma SILEX unha entidade local deberá cumprir cos seguintes requisitos mínimos:
-
Estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia".
-
Estar dada de alta na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
-
Para asegurar un funcionamento óptimo da plataforma SILEX recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda a SILEX preferentemente dispoñan de:
Compoñente | Requisito |
Sistema operativo | Windows 7 ou superior |
Navegador | Edge, Chrome ou Firefox |
Lector de tarxetas e drivers asociados | O SILEX é compatible coas seguintes tarxetas intelixentes e drivers asociados: 1. FNMT-CERES 2. MIFARE MF1ICS50 3. G&D Sm@rtCafe Con outras tarxetas haberia que facer probas de compatibilidade.
|
3. Os usuarios deberá dispoñer de certificados electrónicos de persoa física recoñecidos ou cualificados expedidos polos prestadores de servizos de identificación incluídos na lista de confianza de prestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza cuxa relación se pode consultar no seguinte enderezo: http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-perceptores/certificados-electronicos-admitidos.O DNI electrónico non é apto para o seu uso na plataforma por parte dos usuarios das unidades de contratación.
4. Deberase solicitar a alta en SILEX como mínimo de 2 usuarios.
SOLICITUDE DE ACCESO A SILEX
Para solicitar unha entidade local o alta no Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) deberase cumprimentar, asinar dixitalmente polo Alcalde/sa ou Presidente/a ou ben en papel e escaneada e enviar ao Centro de Atención a Usuarios da Xunta (CAU) cau-periferico@xuntal.gal a folla de cálculo “SILEX - Formulario de alta da entidade e os seus usuarios” na que se indican: o órgano de contratación e os usuarios da entidade local que se desexen dar de alta no servizo (mínimo 2 usuarios).
No caso de que se envíe a solicitude en formato pdf asinado dixitalmente, ou como documento asinado manualmente e escaneado é necesario que se envíe tamén a folla de cálculo (formato ods) cumprimentada cos datos dos usuarios.
Os usuarios que se vaian dar de alta en SILEX e cuxos datos se recollen na folla de cálculo, deberán ser informados pola entidade local solicitante sobre a información sobre protección de datos que se recolle no documento “SILEX – Cláusula informativa RGPD”
Dispón de información máis detallada sobre como cumprimentar a folla de calculo formulario de alta de usuarios e de cómo solicitar o alta no documento “SILEX – Procedemento alta de usuarios”.
Para os usuarios que se necesite dar de alta a posteriori (xa estando dada de alta a entidade local en SILEX) deberase utilizar o modelo "SILEX - Formulario de alta individual" enviando a solicitude ao Centro de Atención a Usuarios da Xunta (CAU) cau-periferico@xuntal.gal
Todos estes documentos relacionados coa solicitude de alta no servizo tamén están dispoñibles no apartado “Contido relacionado” desta mesma páxina.
Unha vez tramitada a alta pola Xunta comunicarase, a conta de correo de cada usuario (conta de correo indicada no formulario da solicitude), ás instruccións para acceder ao Sistema de Licitación Electrónica (SILEX).
FORMACION SOBRE SILEX
Pode inscribirse no seguinte formulario se está interesado en ser convocado ás proximas formacións en liña que se celebren sobre SILEX:
Solicitude asistencia a próximas formacións SILEX
CELEBRACION DE MESAS DE CONTRATACION EN MODALIDADE TELEMÁTICA
O Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia, SiLEX, permite a celebración de mesas de contratación de xeito remoto (os membros de mesa que participan no descifrado das ofertas están en distintas localizacións xeográficas). Para a realización destas mesas recomendase seguir o indicado no documento "SILEX-Protocolo de celebración de mesas telemáticas" e as instruccións indicadas para cada perfil de usuario (moderador ou membro de mesa) nas guías e manuais que figuran na solapa "Contido relacionado" desta mesma páxina.
CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS CO SERVIZO SILEX
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo SILEX, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal. Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas ou información relacionada coas xornadas de formación sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.
10/05/2022
Consellería de Facenda, CIXTEC
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Xestión interna EELL
Empresas
Portal web
Gratuíto
Convenio Plataforma Emprende en 3
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
![]() | SILEX - Solicitude alta entidade local e usuarios (1º vez) | Modelo solicitude alta de unha entidade local e dos seus usuarios no Sistema de licitación... |
![]() | SILEX - Procedemento alta entidade | Documento no que se explica como cumprimentar a folla de calculo modelo de solicitude/form... |
![]() | SILEX e SEF - Cláusula informativa RGPD | Documento no que se recolle a información sobre protección de datos que unha entidade loca... |
![]() | SILEX - Presentacion sobre o Sistema de Licitación Electrónica da Xunta (EELL) | Documento describe as principais funcionalidades do Sistema de Licitación Electrónica da X... |
![]() | SILEX - Solicitude alta usuario individual | Modelo de solicitude a utilizar para solicitar a alta en Silex de usuarios a maiores dos i... |
![]() | SILEX - Solicitude baixa usuario/s ou da entidade local | Modelo de solicitude a empregar para solicitar a baixa dun usuario dunha entidade local na... |
![]() | SILEX - Recomendacións para a correcta utilización de Silex para o Órgano de Contratación | Recomendacións para o Órgano de Contratación sobre que requisitos técnicos e operativos é ... |
![]() | SILEX - Recomendacións para a correcta celebración de mesas de contratación electrónicas | Lista de recomendacións das tarefas a realizar para asegurar a correcta celebración de mes... |
![]() | SILEX - Comprobacións a realizar previamente a celebración mesa contratación electrónica e... | Lista das comprobacións a realizar previamente a celebración dunha mesa de contratación el... |
![]() | SILEX - Protocolo para a celebración de mesas telemáticas | Documento onde se explica o protocolo que se recomenda seguir por unha entidade local para... |
![]() | SILEX - Guía rápida de celebración remota de mesas de contratación. Perfil moderador | Documento que ten por obxecto describir os pasos mínimos a seguir para moderar a apertura ... |
![]() | SILEX - Manual celebración remota de mesas de contratación. Perfil moderador | Documento que ten por obxecto describir os pasos a seguir para moderar a apertura das mesa... |
![]() | SILEX - Manual celebración remota de mesas de contratación. Perfil membro mesa | Documento que ten por obxecto describir os pasos a seguir polo membro dunha mesa na apertu... |
![]() | SILEX - Guía rápida de celebración remota de mesas de contratación. Perfil membro mesa | Documento que ten por obxecto describir os principais pasos a seguir polos membros de mesa... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
![]() | Contratos Públicos de Galicia-Xestión de perfil e concursos (CPG) | ![]() | Correo electrónico |
![]() | Rexistro xeral de contratistas (RXC) | ![]() | En liña |
![]() | Sistema electrónico de facturación (SEF) | ![]() | En liña |