Habilitación nacional
Ámbito competencial
O artigo 241 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado (constituída pola disposición adicional 2ª da Lei 7/2007) sobre clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións e permutas, dentro do seu ámbito territorial.
Así pois e segundo o establecido no Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza son competencias da Dirección xeral de Administración Local, en concreto do seu Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal as seguintes:
-
O asesoramento en materia de función pública local e a revisión dos procesos de selección de persoal das entidades locais.
-
A distribución do papel numerado para actas e resolucións das entidades locais.
-
A elaboración da proposta da oferta de emprego público correspondente a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.
-
A elaboración das convocatorias e o desenvolvemento dos procesos selectivos de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal segundo os títulos e programas mínimos aprobados polo Ministerio de Política Territorial e coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública.
-
A tramitación da provisión de postos con carácter non definitivo e o exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma respecto dos concursos de traslados e libre designación de habilitados/as estatais.
-
A tramitación dos expedientes de creación, clasificación e supresión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación estatal, así como os de constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento dos ditos postos e os das exencións regulamentariamente establecidas.
-
A dirección e xestión do rexistro autonómico de funcionarios/as con habilitación estatal e a coordinación e integración co rexistro estatal dos ditos funcionarios.
-
A elaboración de informes sobre os recursos que se presenten en materia de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.
-
Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
Contactos
- Dirección Xeral de Administración Local:
- Rúa Madrid, 2-4, 2º -Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela - Fax: 981-546569
- Rúa Madrid, 2-4, 2º -Polígono de Fontiñas
- Subdirección Xeral réxime xurídico local:o Tlf: 981-540096 /97
- Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de FHE. Tlf: 981-540046 o Tlf: 981 547464 Solicitude de certificados.
- Ministerio de Administracións Públicas:
- Dirección General de Cooperación Local:
- Plaza de España, 17 - 28071 Madrid
- Tlfno: 91 273 90 00
- Subdirección General de Estudios y Sistemas de Información Local
- Tlfno: 91 273 37 58
- Fax: 912 733566
- Dirección General de Cooperación Local:
- Colexios SITAL de Galicia:
1. A Coruña:
- Enderezo: Colegio Sital A Coruña. R/ Cantón Grande, 6, 10-A. C.P:15003
- Tlf: 981 221220
- Fax: 981222503
- Correo electrónico: luisa.saleta@cositalcoruna.org
2. Lugo:
- Enderezo: Colegio Sital Lugo. R/ Orense, 59, Entresuelo C.P:27004
- Tlf: 982 535000 (J.A Carro Asorey) y 982 390062 (J.A. Balseiro)
- Correo electrónico: cosital.lugo@yahoo.es
3 . Ourense:
- Enderezo: Colegio Sital Ourense.R/ Ramón Cabanillas 3 2ªA 32004
- Correo: Info@cositalourense.es
4. Pontevedra:
- Enderezo: Colegio Sital Pontevedra. Praza do Teucro, 1, 1, CP 36002. Pontevedra
- Correo electrónico: electrónico:cosital@sitalpontevedra.com