Convenio prestación solucións básicas de administración dixital

Convenio prestación solucións básicas de administración dixital

O 18 de febreiro de 2025 asinouse o convenio entre a Administración Xeral do Estado (Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública) e a Comunidade Autónoma de Galicia (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a prestación mutua de solucións básicas de administración dixital, que ten como obxecto establecer os termos e condicións xerais para un aproveitamento común das solucións tecnolóxicas básicas de administración dixital que prestan as partes asinantes en cumprimento do disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015 de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, o Real Decreto 203/2021, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos e resto de normativa aplicable.

Este convenio substitúe ao convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica, asinado o 31 de outubro de 2013.

As solucións tecnolóxicas básicas de administración dixital inclúidas no convenio son:

  • Sistemas de Aplicacións e Redes para as Administracións (Rede SARA).
  • Sistemas de identificación e sinatura electrónica: @firma, TS@, Cl@ve, Port@firmas, AutenticA.
  • Sistemas para o intercambio de información, datos e documentos entre Administracións Públicas por medios electrónicos:
    • Plataforma de Intermediación de datos da Administración Xeral do Estado para a verificación e consulta de datos e o Portfolio SCSP.
    • Sistema de Interconexión de Registros (SIR).
    • Servizo de intercambio de documentos e expedientes electrónicos con outras administracións e coa Administración de Xustiza.
  • Sistemas de posta a disposición de notificacións en formato electrónico: DEHú e Notific@.
  • Sistemas de apoderamento e representación: Apodera e Representa.
  • Rexistro de Funcionarios Habilitados da Administración Xeneral do Estado (RFH-AGE).
  • Punto de Acceso Xeral electrónico da AGE (PAGe).
  • Carpeta Cidadana do Sector Público Estatal («Mi Carpeta Cidadana»).
  • Arquivo definitivo de expedientes e documentos (Archive).
  • Inventarios de información administrativa: DIR3 e SIA.

O procedemento para solicitar o acceso á Rede Sara está dispoñible en: Rede SARA e o detalle das especificacións técnicas e funcionais destas solucións tecnolóxicas así como o procedemento para solicitar o acceso a elas, unha vez formalizado o acordo de adhesión, están dispoñibles no Portal de Administración Electrónica do Estado (PAe) e as peticións e incidencias se canalizarán a través do Centro de Servizos do Estado.

Para o caso das entidades adheridas ao convenio anterior, tamén é necesario asinar o acordo de adhesión ao novo convenio.

Sinatura dixital do acordo de adhesión

Unha entidade local ou un ente vinculado a unha entidade local galega para poder asinar este acordo deberá estar previamente integrada na Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG).

A sinatura do acordo realízase de xeito dixital a través da Sala de sinaturas virtual do portasinaturas da Xunta de Galicia unha vez que a AMTEGA realice a toma de razón, vistas a motivación da solicitude de adhesión e a previsión de uso das solucións tecnolóxicas básicas dispoñibles.

O representante da entidade que vaia a asinar o acordo deberá contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, Camerfirma, Empregado público ou DNIe e solicitar o acceso á sala de sinaturas virtual da Xunta para a sinatura do acordo mediante a remisión dun correo electrónico a cau-periferico@xunta.gal indicando no asunto do correo "Solicitude de acceso á Sala de sinaturas virtual-Convenio de Prestacións Mutuas de Servizos Básicos de Administración Dixital (PMSBAD)" e no corpo a seguinte información

  1. 1) Datos da entidade e da persoa que asinará o acordo:
    • NIF
    • Nome e Apelidos
    • Cargo que ocupa
    • Norma de nomeamento do cargo que ocupa (url de enlace a norma ou xuntala en pdf)
    • Artigo e norma habilitante en virtude da que ten as competencias para a subscrición de convenios (url á norma ou xuntala en pdf)
    • Nome da entidade á que representa no acto de sinatura do acordo (nome da entidade adherente).
    • Tipoloxía da entidade adherente (en base as seguintes tipoloxías recollidas na cláusula 1.2 do convenio):
    1. 1) entidade local
    2. 2) organismo público vinculado ou dependente dunha entidade local
    3. 3) entidade de dereito público vinculado ou dependente dunha entidade local
    4. 4) agrupación ou asociación de municipios
    • Nome da entidade local á que está vinculada ou da que depende  (entidade local que deberá estar adherida ao convenio previa solicitude de adhesión por parte do ente vinculado ou dependente). Indicar esta información só no caso de organismos ou entidades vinculadas ou dependentes dunha entidade local.
    • Norma de creación da entidade ou organismo vinculado ou dependente (url de enlace á norma ou xuntala en pdf). Indicar esta información só no caso de organismos ou entidades vinculadas ou dependentes dunha entidade local.
    • Conta de correo electrónico na que recibirá os datos de acceso á sala de sinaturas da Xunta na que se lle solicitará que asine o acordo.
  2. 2) Outras especificacións:
  • Motivación da solicitude de adhesión.
  • Previsión de uso das solucións tecnolóxicas incluídas no convenio (relación das solucións ás que ten previsto solicitar acceso).
  • No caso de entes vinculados a unha entidade local Indicar se os equipos informáticos dende os que se vai a acceder a estas solucións tecnolóxicas están integrados na Rede de comunicacións da entidade local da que depende que a súa vez xa deberá dispoñer de acceso a SARA.

Unha vez remitido o correo de solicitude ao CAU, a Amtega valorará a pertinencia da adhesión. Se procede a adhesión, a Amtega activará o acceso á Sala de Sinaturas e a entidade solicitante recibirá na conta de correo especificada na solicitude un correo coas instrucións para acceder á Sala de Sinaturas e asinar o documento do acordo de adhesión.

O texto do modelo de acordo de adhesión que a entidade atopará a disposición para a sinatura na de Sala de Sinaturas da Xunta será o seguinte:

Entidades co acordo asinado

Listado de EELL e entes vinculados que asinaron o novo acordo (pendente de adhesións)

Listado doutros entes que asinaron o acordo

Contacto para dúbidas

Para calquera dúbida ou incidencia relacionada co convenio ou a sinatura en liña do acordo poderá contactar co CAU no telf. 881 995 300 ou por correo electrónico dirixido cau-periferico@xunta.gal