Melloras realizadas en EidoLocal
Eidolocal.gal pretende consolidar o portal das entidades locais de Galicia como o espazo de referencia para o acceso á información e servizos dirixidos ao ámbito local e concíbese como un instrumento de cohesión das propias Administracións Locais, e unha ferramenta indispensable como integrador das relacións entre a Xunta de Galicia e as EELL, achegando os seus servizos á cidadanía.
As melloras realizadas en Eidolocal oriéntanse en facelo:
+ SINXELO
Faise unha aposta clara en favor do usuario apostando pola usabilidade e accesibilidade. Redeséñase o portal e restrutúranse os contidos facendo mais doada a localización dos mesmos e mellorado a experiencia de navegación.
+ PERSOAL
Créase un novo espazo "Meu Eido", que pretende ser un escritorio que centralice a actividade exercida por un usuario dentro do portal EidoLocal, agrupando os accesos directos a contidos e servizos do portal de uso habitual, ofrecéndolle a posibilidade de configuración do mesmo e poñendo a súa disposición, entre outras cousas, un taboleiro de avisos que facilitará as comunicacións ao usuario relacionadas co portal e cos seus servizos.
+ VERSÁTIL
Mellórase o servizo de "Envíos Xunta" (antigo envíos DXAL) e se
dótaselle de dúas funcionalidades diferenciadas:
- "Buzón de sinatura", concibido como unha ferramenta "portasinaturas" que proporciona a funcionalidade necesaria para poder asinar documentos de xeito telemático e seguro. O usuario poderá xestionar todos aqueles documentos que fose necesario asinar, e/ou todos aqueles documentos susceptibles de ser incluídos nun proceso de envío a través do servizo de "Envíos Xunta" de EidoLocal.
- "Buzón saída-Envíos Xunta", concibido como un buzón de entidade ao que accederán os usuarios dunha entidade local con permiso para a realización de envíos de documentación á Xunta, permitíndolles a xestión completa dun envío incluíndo a posibilidade de subsanación.
+ GLOBAL
Amplíanse e mellóranse servizos e seccións: - Créase un novo servizo para os Funcionarios con Habilitación Nacional que recompila de xeito ordenado a información sobre os concursos e procesos selectivos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocados anualmente e permite a xestión en liña da provisión de postos
- Renóvase o Catálogo de "Servizos" no que se recompila a información máis relevante de cada un dos servizos de administración electrónica ofrecidos, a través de EidoLocal, pola Xunta de Galicia ás entidades locais galegas.
- Créase unha nova sección de "Iniciativas" que pretende converterse nun instrumento de comunicación, divulgación e promoción das diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia de cara ás administracións locais.
- Créase dun novo espazo de ofertas de emprego que permite ao usuario acceder as ofertas de emprego público convocadas polas Entidades Locais.
Para posibilitar a realización de todas estas melloras efectuouse unha modernización da infraestrutura tecnolóxica e unha optimización funcional do portal.
Ligazóns ás diferentes guías
Para calquera dúbida
Usuarios de Entidades Locais: CAU (Centro de atención ao usuario): 881 995 300 , Fax: 981 545 452 ou cau-periferico@xunta.es
Cidadáns: 012 ou 012@xunta.es